Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

8

Núm. 011 mércores, 15 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
TABOADA
Anuncio EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN FISCAL E DO PERÍODO EN VOLUNTARIA DA COBRANZA DA TAXA DE
RECOLLIDA DE LIXO DO 2º SEMESTRE DE 2019.
O Padrón fiscal da taxa de prestación do servizo de recollida de lixo correspondente ao 2º semestre do exercicio 2019, foi aprobado por Decreto de Alcaldía de data 09.01.2020.
O mencionado padrón exponse ao público nas oficinas da Casa do Concello polo prazo de dous meses, contado dende o seguinte ao da publicación no BOP do presente anuncio, para os efectos de que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas o recurso de reposición regulado no artigo 14.2
do RDL 2/2004, do 5 de marzo, que recolle o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo dun mes, contado dende o seguinte ao da finalización do período de exposición pública do mencionado padrón fiscal.
Contra a resolución recaída no recurso de reposición poderase interpoñer, diante do Xulgado do ContenciosoAdministrativo competente o recurso Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación a dita resolución.
Se non recaera resolución no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da presentación do recurso de reposición, en virtude do previsto no mencionado artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, produciranse os efectos xurídicos establecidos nos artigos 24 e 25 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Non obstante, se se considera convinte poderase empregar e exercitar calquera outro recurso.

O período de cobranza en voluntaria será o comprendido dende o día 20 de XANEIRO de 2020 ata 20 de MARZO
de 2020, ambos os dous incluídos. Os contribuíntes poderán efectuar o pagamento da débeda tributaria do seguinte xeito:
a Na entidade colaboradora Abanca, presentando o correspondente recibo.
b Os recibos domiciliados polos contribuíntes serán cargados directamente polas respectivas entidades bancarias.
Unha vez rematado o prazo de pagamento en voluntaria sinalado, os débitos non satisfeitos entrarán no período executivo, de acordo co establecido no artigo 161 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, percibíndose a recarga e xuros de demora establecidos nos artigos 26 e 28 da referida norma.
Taboada, 9 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, Ramiro Moure Ansoar.
R. 0053

XOVE
Anuncio Por Decreto de Alcaldía nº 2019-0890 de data 30 de decembro de 2019, aprobouse inicialmente o Padrón da Taxa pola prestación dos servizos de subministración de auga, no que se inclúe o canon de auga, e pola recollida de lixo domiciliaria correspondente ó terceiro trimestre de 2019.
Por medio do presente ponse no coñecemento dos contribuíntes obrigados ó pago, que dispoñen de un prazo de quince días, contados a partires da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que poda ser examinado e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado a definitivo si, transcorrido o prazo de exposición pública, non se tivese formulado ningunha reclamación contra o mesmo.
Contra o mesmo poderase interpoñer o recurso de reposición no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a reclamación económico administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.
PERÍODO DE COBRO
De conformidade co disposto no artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre os días 07 de xaneiro de 2020 ata 6 de marzo de 2020.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo, esixíndose as débedas polo procedemento de constrinximento, reportando o recargo de constrinximento, xuros de demora e, no seu caso, as costas que se produzan.

Anuncio publicado en: Num BOP 11 año 2020 15/01/2020
14/01/2020 08:00:00
11:39:08

A publicación no BOP do presente anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/01/2020

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions