Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

7

Núm. 011 mércores, 15 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
3.- Terán dereito a unha bonificación do 95% da cota íntegra,e no seu caso, do recargo do imposto a que se refire o artigo 153 desta Lei, os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, nos termos establecidos na Lei 20/1990, de 19 de decembro,sobre réxime fiscal das cooperativas.
Gozarán dunha bonificación da cota íntegra do imposto, aqueles inmobles nos que estean ubicadas unicamente construcións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario, que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego, que xustifiquen tal declaración, según o seguinte cadro:
Valoración Catastral
Bonificación
1 6.000,99 €

95 %

6.001,00 15.000,99 €

75 %

Mais de 15.001,00

50 %

No suposto que nun mesmo inmoble existan, ademais das construcións indicadas no parágrafo anterior, outras construcións destinadas a un uso distinto das actividades agrarias, gandeiras ou forestais, aplicaráselle unha bonificación do 50 por cento da cota íntegra do imposto. Se nese mesmo inmoble se desenvolve unha actividade económica distinta á agraria, gandeira ou forestal non se poderá conceder bonificación algunha.

Corresponderá ao Pleno da Corporación a declaración de especial interese ou de utilidade municipal, previa solicitude dos suxeitos pasivos, debendo contar co voto favorable da maioría simple dos seus membros.
A bonificación terá carácter rogado, debendo ser presentada polo suxeito pasivo, e surtirá efectos a partir do período impositivo seguinte ao de presentación de solicitude.
Para poder gozar desta bonificación, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:

Declaración responsable do titular da actividade, que pode coincidir ou non co suxeito pasivo, de que está desenvolvendo a actividade agraria, gandeira ou forestal, así como Certificado de Facenda no que conste a súa situación censual. Copia do número de explotación agracia CEA.

Declaración de que no inmoble para o que se solicita a bonificación non se está a desenvolver unha actividade económica distinta á agraria, gandeira ou forestal. Dita declaración deberá vir asinada polo suxeito pasivo.

Acreditación da titularidade catastral do inmoble.

Certificado de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local; nin coa Seguridade Social.

Copia do último recibo pagado do lixo da explotación agraria.

O concello realizará de oficio todas as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto desta bonificación.
Os obrigados tributarios deberán comunicar no Concello calquera modificación relevante das condicións ou requisitos esixibles para a aplicación do beneficio fiscal. O órgano competente poderá declarar, previa audiencia do obrigado tributario por un prazo de 10 días, contados a partir da notificación da apertura de dito prazo, se procede ou non a continuación da aplicación do beneficio fiscal. De igual xeito se procederá cando a Administración coñeza por calquera medio a modificación das condicións ou os requisitos para a aplicación do beneficio fiscal.
4.- Terán dereito a unha bonificación do 90% da cota íntegra do imposto a favor de aqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, bonificación que afectará a primeira residencia da familia ou vivenda habitual.
Palas de Rei, 9 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, Pablo José Taboada Camoira.
R. 0052

Anuncio publicado en: Num BOP 11 año 2020 15/01/2020
14/01/2020 08:00:00
11:39:08

Para poder aplicar esta bonificación á construción cuxa existencia motiva a súa solicitude, deberá estar dada de alta debidamente en Catastro e ter asinado un valor catastral económico.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/01/2020

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions