Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/10/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 228 xoves, 3 de outubro de 2019

BOP Lugo
Art. 17º.- Festivos.- As festas non recuperables según a lexislación vixente, cando non se disfruten ou coincidan co descanso semanal, serán disfrutadas polo traballador noutra data. No suposto de que as festas non recuperables se disfruten de forma continuada, a empresa respetará o descanso semanal acumulando éste ao número de festas.
A partires da publicación do presente Convenio no BOP, a prestación de servicios nas noites do 24 e 31 de decembro será compensada cun día e medio de descanso.
Con carácter xeral o descanso compensatorio por traballo en festivos o por coincidencia dos mesmos co descanso semanal ser fará dentro do ano natural ao que correspondan ditos festivos, exceptuándose os festivos do mes de decembro cuia compensación, por razóns organizativas, poderá realizarse ata o remate do mes de xaneiro do ano seguinte.
Art. 18º.- Licencias retribuidas.- As empresas concederán as licencias retribuidas que a continuación se indican, sen perxuizo das previstas no Estatuto dos Traballadores:
a Por casorio do traballador, 15 dias naturais; si o casorio é de pais, fillos, irmaos e cuñados, 2 días se ten lugar dentro da provincia e 4 días se é fora dela.
b Por alumamento da dona, 3 días si reside na mesma localidade e 5 días si reside en localidade distinta.
c Por accidente ou enfermedade graves, hospitalización ou intervención quirúrxica sen hospitalización que precise reposo do conxuxe, pais ou fillos, 4 días ampliables a 8 cando o enfermo resida fora da provincia, a máis de 500 km. de distancia. A partires da publicación de presente Convenio no BOP, o disfrute desta licencia, cando teña por causa a hospitalización, poderá realizarse de xeito fraccionado sempre dentro do período de hospitalización.

e Por accidente ou enfermedade graves, hospitalización ou intervención quirúrxica sen hospitalización que precise reposo domiciliario ou pasamento de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade non previstos nos apartados anteriores, 2 días. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento ó efecto o prazo será de 4 días. A partires da publicación de presente Convenio no BOP, o disfrute desta licencia, cando teña por causa a hospitalización, poderá realizarse de xeito fraccionado sempre dentro do período de hospitalización.
f Por accidente ou enfermedade graves, hospitalización ou intervención quirúrxica sen hospitalización que precise reposo domiciliario ou pasamento de parentes ata o tercer grado de consanguinidade ou afinidade que estean ó cargo do traballador, 2 días. Entenderáse que o familiar está ó cargo do traballador cando haxa convivencia, que se acreditará polo certificado de empadronamento ou por calquera outro medio que permita acreditar de modo inequívoco que o famliar está ó cargo do traballador. A partires da publicación de presente Convenio no BOP, o disfrute desta licencia, cando teña por causa a hospitalización, poderá realizarse de xeito fraccionado sempre dentro do período de hospitalización.
g O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta do médico de cabecera da Seguridade Social sempre que coincida o horario de consulta co do traballo, debendo presentar o traballador ao empresario xustificante de ter asistido á consulta. Igualmente o tempo necesario nos casos de asitencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de consulta co do traballo, se prescriba dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presentar o traballador o volante xustificativo da referida prescripción médica.
h Polo tempo necesario para acompañamento de fillos menores de 6 anos a consulta do pediatra da Seguridade Social ou consulta de especilista da Seguridade Social prescrito por éste, en ambos casos coincidindo o horario de consulta co do traballo e tendo que presentar o traballador volante xustificativo de tal acompañamento. A partires da publicación do presente Convenio no BOP esta licencia, nos termos na mesma previstos, operará para acompañamento de fillos menores de 12 anos.
i Por traslado de domicilio, dous días.
j Por asuntos propios, dous días.
A referencias feitas no presente artigo ao cónxuxe se entenderán feitas á parella de feito que conviva co traballador ou traballadora sempre que esta estea debidamente inscrita no rexistro de parellas de feito do concello correspondente.
A partires da publicación do presente Convenio no BOP, o inicio do disfrute das licencias contempladas no Convenio non poderá coincidir co descanso semanal do traballador.
Art. 19º.- Vacacións.- O periodo de vacacións anual terá unha duración de 30 dias naturais. Os traballadores menores de 18 anos e maiores de 60 terán 32 dias de vacacións naturais. A retribución correspondente ao periodo vacacional estará constituida polo salario base, antiguedade e os pluses.

Anuncio publicado en: Num BOP 228 año 2019 03/10/2019
02/10/2019 08:00:00
13:40:19

d Por pasamento de conxuxe, pais ou fillos, 5 días se ten lugar na localidade ou 7 se ocurre fora dela.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/10/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/10/2019

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions