Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/10/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 228 xoves, 3 de outubro de 2019

BOP Lugo
Art. 11º.- Plus de Transporte e Desgaste de Vestuario.- Establécese con carácter xeral, para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2013 ao 31 de decembre do 2018, para todo o persoal, sen distinción, sendos pluses mensuais, denominados de transporte e desgaste de vestuario cuios importes se especifican, para cada sección e grupo profesional, nas táboas salariais do Convenio. Os pluses de transporte e desgaste de vestuario devengaránse en todo caso en proporción á xornada efectivamente traballada, entendéndose que a cuantía estabrecida nas táboas salariais anexas é a que corresponde para o caso de prestación de servicios a xornada completa.
Con efectos do 1 de xaneiro de 2019 o denominado plus de transporte intégrase no salario base do Convenio garantíndose en todo caso que o salario base resultante de dita integración sexa a lo menos igual 900,00€
mensuais, incrementándose, no seu caso, o salario base ata alcanzar dita cuantía, tendo lugar en consecuencia o incremento que corresponda nas gratificacións extraordinarias previstas no presente Convenio.
Pola súa banda, o denominado plus de desgaste de vetuario manténse dende o 1 de xaneiro de 2019 como plus de convenio, especificándose os seus importes, para cada sección e grupo profesional, nas táboas salariais do Convenio. Dito plus devengaráse en todo caso en proporción á xornada efectivamente traballada, entendéndose que a cuantía estabrecida nas táboas salariais anexas é a correspondente para o caso de prestación de servicios a xornada completa.
Art. 12º.- Gratificacións extraordinarias.- Todo o persoal afectado polo presente Convenio percibirá as seguintes pagas ou gratificacións extraordinarias:

Paga extraordinaria de Nadal, consistente nunha mensualidade de salario base e a antigedade correspondente a dita mensualidade. Dita paga aboarase o día 15 de decembro de cada ano e o seu devengo será, con carácter xeral, anual. Non obstante, aquelas empresas que veñan empregando o devengo semestral, poderán seguir empregando o mesmo especificando dita circunstancia na nómina relativa á paga extraordinaria. Ao formar parte o salario base das gratificacións extraordinarias, con efectos do 1 de xaneiro de 2019 a paga extraordinaria de Nadal incrementaráse no importe resultante de integrar o plus de transporte no salario base do Convenio ou, no seu caso, no importe resultante de acadar un salario base mensual de, a lo menos, 900,00€.
Paga extraordinaria de Santa Marta patrona da hostelería-, consistente en 7 días de salario base e a antigedade correspondente a tal salario. Dita paga aboarase dentro da primeira quincena do mes de outubro e o seu devengo será anual, dende o 1 de outubro de cada ano ata o 30 de setembro do ano seguinte. Ao formar parte o salario base das gratificacións extraordinarias, con efectos do 1 de xaneiro de 2019 a paga extraordinaria de Santa Marta incrementaráse no importe resultante de integrar o plus de transporte no salario base do Convenio ou, no seu caso, no importe resultante de acadar un salario base mensual de, a lo menos, 900,00€, elo na parte proporcional correspondente aos 7 días da paga extraordinaria.
O personal que ingrese e/ou cese na empresa durante o período de devengo das pagas extraordinarias terá dereito á parte proporcional correspondente a ditas gratificacións.
Art. 13º.- Gratificacións extraordinarias de casinos e sociedades recreativas.- Todo o persoal que preste os seus servicios en casinos e sociedades recreativas, terá dereito o percibo, ademáis das gratificacións extraordinarias de xullo e nadal, dunha paga o dia 5 de outubro de cada ano, sin distinción de categorias nin actividades. Ditas gratificacións poderán ser compensadas e absorbidas polas empresas, en cómputo anual, con aquelas outras que, voluntariamente, viñeran abonándose aos traballadores destas empresas. Non computará o plus de transporte e vestuario. Dita paga extraordinaria incrementaráse, con efectos do 1 de xaneiro de 2019, no importe resultante de integrar o plus de transporte no salario base do Convenio ou, no seu caso, no importe resultante de acadar un salario base mesnual de, a lo menos, 900,00€.
Art. 14º. - Plus de actividade de casinos e sociedades recreativas.- Todo o persoal que preste os seus servicios en casinos e sociedades recreativas, terá dereito ao percibo dun plus de actividade na cuantía de 30 euros ao mes cotizables á Seguridade Social.
Art. 15º.- Traballo nocturno.- As horas traballadas perante o periodo comprendido entre as 12 da noite e as 8 da mañán, terán unha retribución especifica incrementada nun 25% sobor do salario base.
III.- TEMPO DE TRABALLO
Art. 16º.- Xornada laboral.-A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, cun día e medio de descanso.
A partires do 1 de xaneiro de 2019 a xornada laboral será de 1.800 horas anuais de traballo efectivo, cun día e medio de descanso semanal.

Anuncio publicado en: Num BOP 228 año 2019 03/10/2019
02/10/2019 08:00:00
13:40:19

Paga extraordinaria de xullo, consistente nunha mensualidade do salario base e a antigedade correspondente a dita mensualidade. Dita paga aboarase o día 15 de xullo de cada ano e o seu devengo será, con carácter xeral, anual. Non obstante, aquelas empresas que veñan empregando o devengo semestral, poderán seguir empregando o mesmo especificando dita circunstancia na nómina relativa á paga extraordinaria. Ao formar parte o salario base das gratificacións extraordinarias, con efectos do 1 de xaneiro de 2019 a paga extraordinaria de xullo incrementaráse no importe resultante de integrar o plus de transporte no salario base do Convenio ou, no seu caso, no importe resultante de acadar un salario base mensual de, a lo menos, 900,00€.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/10/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/10/2019

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions