Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/12/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

51

Núm. 299 martes, 31 de decembro de 2019

BOP Lugo
-

A capacidade económica calcularase sumando toas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e divindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
7. Exencións e bonificacións.
Agás o establecido no artigo 5, non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios que os expresamente previstos en normas con rango de Lei ou derivados de tratados internacionais, nos termos establecidos no artigo 9 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
8. Nacemento da obriga de pagamento e período impositivo.
A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza, nace dende o día en que se inicie a prestación do servicio de axuda no fogar, rateándose cando se liquiden meses incompletos. As liquidacións practicaránse a posteriori, por meses naturais en función do servizo prestado.
9. Normas de xestión.
1. As solicitudes de prestación do servicio para os usuarios que accedan polo procedemento de libre concurrencia serán presentadas polos interesados no Rexistro Xeral do Concello, e despois do informe-proposta da Traballadora Social e da Intervención, serán resoltas pola Alcaldía. No caso das persoas que accedan directamente polo sistema de dependencia, a traballadora social realizará informe-proposta e será resolto polo Alcaldía.
2. As contías esixibles de acordo coas tarifas establecidas nesta ordenanza, liquidaranse mensualmente, a tal efecto elaborarase un recibo individual onde se detalle o servizo prestado e o seu importe que se remitirá a persoa usuaria para que efectúe o correspondente ingreso na conta bancaria do Concello. No caso de ter domiciliado o pagamento, remitirase a través da entidade bancaria elixida pola persoa usuaria, todo elo dentro dos vinte primeiros días do mes seguinte ao liquidado.

4. Anualmente, no mes de xaneiro, ou no caso de producirse cambios na situación persoal, as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar na súa modalidade de libre concurrencia, requiriráselles polos Servizos Sociais do Concello, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa capacidade económica e, no seu caso, a taxa a pagar, segundo se establece no Regulamento do servizo de axuda no fogar.
5. As cotas non satisfeitas polos usuarios obrigados ao seu pagamento no período voluntario, poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.
10. Disposición derrogatoria.
Queda derrogada a actual ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda a domicilio aprobada polo Pleno da Corporación en data 26 de marzo de 2014.
Disposición final.
A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o 18 de outubro de 2019
entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día primeiro do mes seguinte a súa entrada en vigor,continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.
Xermade, 27 de decembro de 2019.- O alcalde, Roberto García Pernas.
R. 3951

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 299 año 2019 31/12/2019
30/12/2019 08:00:00
21:14:47

3. Como norma xeral o pagamento desta taxa realizarase polas persoas beneficiarias do servizo mediante domiciliación bancaria.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/12/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha31/12/2019

Nro. de páginas51

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031