Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/12/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 298 luns, 30 de decembro de 2019

BOP Lugo
1.- OBXECTO E NORMATIVA DE APLICACIÓN
A creación da presente bolsa de traballo ten por finalidade establecer un procedemento para a inmediata posta a disposición de persoal administrativo no Concello de Burela, fixando as normas que rexerán o proceso selectivo para constituír a correspondente lista de emprego de persoal co fin de cubrir, con carácter provisorio, as necesidades urxentes e imprescindibles que se produzan.
Os nomeamentos que resulten da presente bolsa de emprego serán nomeamentos de persoal funcionario interino para os supostos de substitución transitoria de funcionarios de carreira titulares dos postos, ou tamén para o suposto da existencia de postos vacantes, con dotación orzamentaria, cando non sexa posible a súa cobertura por persoal funcionario de carreira. Neste caso, as prazas correspondentes aos postos vacantes desempeñados por persoal funcionario interino deben incluírse na oferta de emprego correspondente ao exercicio no que se produce o seu nomeamento e, se non fose posible no seguinte, salvo que se decida a súa amortización, atendendo en todo caso á taxa de reposición de efectivos.
Os postos a cubrir de forma interina mediante a presente bolsa de emprego pertencerán en todo caso ao Grupo:
C; subgrupo: C1 ; escala: Administración Xeral; subescala: Administrativo.
A convocatoria rexerase polo disposto nestas bases e, no su defecto, polo disposto no Real Decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así como polo disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; pola Lei 2/2015, de 29 de abril de Emprego Público de Galicia; polo Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e da Provisión dos Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado; e polo Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento da selección de funcionarios da Administración Local, e demais normativas de aplicación.

A convocatoria, bases e anexos publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP, no taboleiro de anuncios da Entidade e na sede electrónica http burela.sedelectronica.es.
As bases íntegras estarán así mesmo a disposición dos/das interesados no Rexistro Xeral do Concello.
Toda a documentación que se publique con posterioridade a convocatoria, bases e anexos serán obxecto de publicidade mediante o correspondente anuncio no taboleiro de edictos sito na casa consistorial e no taboleiro de anuncios dixital, exclusivamente. O acceso ao taboleiro de anuncios dixital realizase a través da sede electrónica do Concello de Burela http burela.sedelectronica.es.
2.- REQUISITOS XERAIS QUE POSUIRÁN OS/AS ASPIRANTES A FORMAR PARTE DAS LISTAS DE EMPREGO.
Os/as aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data de remate do prazo de presentación de instancias e que están en condicións de acreditalos con anterioridade ao nomeamento como funcionario interino, agás no suposto de compatibilidade de actividade, en que é suficiente acreditala antes do inicio da relación de servizo.
a Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD
Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego ao que se aspira.
c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e Estar en posesión do título de bacharelato, técnico ou equivalentes para efectos académicos ou ter aprobadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
De selo caso, sinalarase a disposición legal que recoñeza a equivalencia ou acompañarase certificado expedido polo organismo competente que a acredite.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
f Cumprir, no momento do nomeamento, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 298 año 2019 30/12/2019
27/12/2019 08:00:00
16:01:45

As funcións a desenvolver polo persoal nomeado da bolsa serán as propias da categoría profesional de administrativo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/12/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha30/12/2019

Nro. de páginas43

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031