Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/12/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 289 mércores, 18 de decembro de 2019

BOP Lugo
-Retribucións mensuais: salario Grupo/Subgrupo profesional C2 637,57 €; complemento de destino nivel 16
372,32 €; complemento específico: 129,24 €; parte proporcional de paga extra: 188,88 €.
Todo isto conforme o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, e demais normas concordantes de aplicación.
As bases íntegras publicaranse no BOP de Lugo, na sede electrónica https burela.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios do Concello e estarán a disposición dos /das interesados no Rexistro Xeral do Concello;
igualmente remitiranse á Deputación Provincial para a súa publicación na páxina web institucional.
2.- FUNCIÓNS DO POSTO.
-Atención ao público, telefónica e persoal -Elaboración e mecanografiado de escritos diversos, correspondencia e resto de documentos.
- Manexo dos programas informáticos necesarios para a súa actividade gravación de datos, obtención de listaxes, etc..
- Xestión de correspondencia recepción, distribución e arquivo.
-Tarefas sinxelas e programadas ou estandarizadas da xestión administrativa -Fotocopiado de documentos e tarefas administrativas diversas - Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico 3.- REQUISITOS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

aTer nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD
Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.
c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado en educación secundaria, graduado escolar ou técnico auxiliar ou bacharel elemental. No caso de alegar equivalencias de títulos achegarase o certificado ao efecto da Consellería de Educación ou organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán ter o documento que acredite fehacientemente a súa homologación.
e Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.
No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
f Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente.
g Estar inscrito como desempregado no Servizo Publico de Emprego de Galicia.
Os requisitos citados deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias, debendo continuar en posesión dos mesmos durante todo o proceso selectivo.
4. - FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
4.1. Forma de presentación. Os/as interesados/as que desexen participar no proceso selectivo dirixirán as súas solicitudes ao Sr. Alcalde do Concello de Burela e presentaranas no Rexistro Xeral da citada entidade en horario presencial de 9,00 a 14,00 horas ou mediante rexistro telemático as 24 horas. Así mesmo poderán remitirse na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas coa excepción establecida na súa disposición final sétima. Non obstante, de cara a axilización do proceso, os/as aspirantes que presentasen a instancia en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 deberán remitir por fax ao Concello copia selada da mesma dentro do prazo de presentación de instancias nº de fax: 982 58 59 45.

Anuncio publicado en: Num BOP 289 año 2019 18/12/2019
17/12/2019 08:00:00
12:50:41

Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/12/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha18/12/2019

Nro. de páginas14

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031