Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/10/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 228 xoves, 3 de outubro de 2019

BOP Lugo
II.- RETRIBUCIÓNS
Art. 7º.- Salario.- Nas taboas salariais anexas especifícanse os salarios correspondentes a cada sección e grupo profesional durante a vixencia do presente Convenio, segundo o estabrecido no artigo seguinte.
A partires de 1 de xaneiro de 2020 respetarase que os salarios resultantes da aplicación do presente Convenio cotizables á Seguridade Social sexan como mínimo iguais ao salario mínimo interprofesional.
Art. 8º.- Incremento salarial.- Acórdase a actualización das táboas salariais do presente Convenio para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2013 ao 31 de decembro de 2017 cun incremento do 4% sobre as táboas salariais vixentes no ano 2012. Dito incremento non terá efectos retroactivos, servindo únicamente de base para aplicar o incremento pactado para o ano 2018.
Os salarios para as distintas sección e grupos profesionais para os anos 2018, 2019 e 2020 serán os recollidos nas táboas salariais adxuntas resultado de aplicar os seguintes incrementos:
Para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2018, incremento do 2% sobre as táboas salariais ás que se fai referencia no parágrafo primeiro do presente artigo. Este incremento aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2018.
Para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2019, incremento do 2,25% sobre as táboas salariais do ano 2018. Este incremento aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2019.
A maiores do previsto no parágrafo anterior, os salarios do ano 2019 experimentarán os incrementos que, no seu caso, resulten do previsto no parágrafo 2º do artigo 11 do presente Convenio.

Estabrécese, para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2018 ao 31 de decembro de 2020 unha clásula de revisión de xeito que, se a suma do IPC real de cada un destas anualidades supera a suma dos incrementos salariais porcentuais pactados no presente Convenio para as mesmas anualidades, farase unha revisión salarial no exceso de dita cifra que non terá efectos retroactivos, servindo de base para aplicar o incremento que se pacte para o ano 2021.
Art. 9º.- Complemento de antiguedade.- Sobre dos salarios base garantizados que corresponden ao traballador relacionados nas táboas salariais acreditaránse e devengaránse, cos límites estabrecidos no artigo seguinte, os seguintes complementos de antiguedade:
- Un 5% ao cumplir os 3 anos de servicio na empresa.
- Un 8% ao cumplir os 6 anos de servicio na empresa.
- Un 16% ao cumplir os 9 anos de servicio na empresa.
- Un 25% ao cumplir os 15 anos de servicio na empresa.
- Un 38% ao cumplir os 19 anos de servicio na empresa.
- Un 40% ao cumplir os 20 anos de servicio na empresa.
- Un 45% ao cumplir os 22 anos de servicio na empresa.
- Un 50% ao cumplir os 28 anos de servicio na empresa.
A data inicial para computar a antiguedade será a do ingreso na empresa. Na actividade de Casinos e Sociedades Recreativas de primeira e segunda categoria, os traballadores devengarán bienios a razón do 5% sin limitación algunha, sen perxuicio do establecido no artigo 25 do Estatuto dos Traballadores.
Na actividade de Casinos e Sociedades recreativas de terceira e coarta categoria, continuarán devengando trienios ao 5%. O disposto nos apartados anteriores enténdese sen perxuicio dos dereitos adquiridos ou no trance de adquisición no tramo temporal correspondente.
Art. 10º.- Límites ao complemento de antiguedade.- O complemento de antiguedade que se ven devengando segundo os anos de permanencia na empresa e que se recolle no artigo anterior, entenden as partes firmantes que dificulta a contratación indefinida dos traballadores.
Por este motivo, e na búsqueda de promover e consolidar a contratación e o emprego na hostelería e de algunha forma primar ás empresas que xeneren emprego fixo fomentando a estabilidade no emprego e, polo tanto, a seguridade económica dos traballadores, acórdase estabrecer un réximen alternativo ó complemento de antiguedade previsto no Artigo 9, que será de aplicación únicamente para ós traballadores que se incorporen ás plantillas fixas das empresas a partires do 1 de xaneiro de 1995, traballadores que percibirán polo concepto de complemento de antiguedade un 3% sobre dos salarios base garantizados na táboa salarial por cada tres anos de servicio na empresa trienios ó 3%.

Anuncio publicado en: Num BOP 228 año 2019 03/10/2019
02/10/2019 08:00:00
13:40:19

Para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2020, incremento do 2,5% sobre as táboas salariais do ano 2019. Este incremento aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2020.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/10/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha03/10/2019

Nro. de páginas31

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones