Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/10/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 226 martes, 1 de outubro de 2019

BOP de Lugo
Quedan excluídos da aplicación desta Ordenanza os cans e animais pertencentes ás Forzas Armadas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Corpos de Policía das Comunidades Autónomas, Policía Local e empresas de seguridade con autorización oficial, tal e como di a Lei 50/1999, de 23 de decembro.
ARTIGO 2. Ámbito de Aplicación A Ordenanza será de aplicación en todo o termo municipal, deberá ser cumprida por toda persoa física ou xurídica, e afectará a todo o que estea empadroado neste Municipio.
ARTIGO 3. Animais Potencialmente Perigosos Aos efectos previstos no artigo 2.2 da Lei 50/1999, de 23 de decembro, terán a consideración de cans potencialmente perigosos:
Os cans que pertencen a estas razas ou que están cruzados:
Pit Bull Terrier.
Staffordshire Bull Terrier.
American Staffordshire Terrier.
Rottweiler.
Dogo Arxentino.
Fila Brasileiro.
Tosa Inu.

Os cans, salvo que se trate de cans-guía ou de cans de asistencia acreditados e adestrados en centros oficialmente recoñecidos, conforme á lexislación autonómica ou, no seu caso, estatal, así como aqueles cans que se atopen en fase de instrución para adquirir esa condición, que reúnan todas ou a maioría das características seguintes:
Forte musculatura, aspecto poderoso, robusto, configuración atlética, axilidade, vigor e resistencia.
Marcado carácter e gran valor.
Pelo curto.
Perímetro torácico comprendido entre 60 e 80 centímetros, altura á cruz entre 50 e 70 centímetros e peso superior a 20 Kg.
Cabeza voluminosa, cuboide, robusta, con cranio ancho e grande e fazulas musculosas e bombeadas.
Mandíbulas grandes e fortes, boca robusta, ancha e profunda.
Pescozo ancho, musculoso e curto.
Peito macizo, ancho, grande, profundo, costelas arqueadas e lombo musculoso e curto.
Extremidades anteriores paralelas, rectas e robustas e extremidades posteriores moi musculosas, con patas relativamente longas formando un ángulo moderado.
En todo caso, aínda que non se atopen incluídos no apartado anterior, serán considerados cans potencialmente perigosos aqueles animais da especie canina que manifesten un carácter marcadamente agresivo ou que protagonicen agresións a persoas ou a outros animais.
Nos supostos contemplados no parágrafo anterior, o potencial perigo deberá ser apreciada pola Autoridade competente atendendo a criterios obxectivos, ben de oficio ou ben tras ser obxecto dunha notificación ou una denuncia, previo informe dun veterinario, oficial ou colexiado, designado ou habilitado pola Autoridade competente autonómica ou municipal.
ARTIGO 4. A Licenza Municipal Toda persoa que queira ser propietario dun animal potencialmente perigoso, tanto dun can dunha das razas referidas no artigo anterior como dun can con todas ou a maioría das características enumeradas no citado precepto, deberá solicitar previamente una licenza.
A obtención dunha Licenza para a Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos devindicará unha taxa municipal. A contía quedará fixada na súa correspondente Ordenanza fiscal.
ARTIGO 5. Órgano Competente para Outorgar a Licenza O Alcalde-Presidente da Corporación será o competente para poder outorgar as Licenzas para a Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos, en cumprimento do artigo 21.1.q da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

Anuncio publicado en: Num BOP 226 año 2019 01/10/2019
30/09/2019 08:00:00
10:11:39

Akita Inu.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/10/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha01/10/2019

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones