Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 049 mércores, 27 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
SAMOS
Anuncio CONVOCATORIA E BASES XERAIS E ESPECÍFICAS DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA A COBERTURA DAS PRAZAS
VACANTES DE PERSOAL FUNCIONARIO E DE PERSOAL LABORAL, NO CONCELLO DE SAMOS, PARA ACCESO LIBRE, CORRESPONDENTES Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO OEP PARA O ANO 2018.
O Concello de Samos aprobou por Resolución de Alcaldía nº 2019-0018 e data 20 de febreiro de 2019 a convocatoria e as seguintes bases xerais e específicas para a cobertura das prazas vacantes de persoal funcionario e de persoal laboral, no concello de samos, para acceso libre, correspondentes á oferta de emprego público OEP para o ano 2018 para Axente de Desenvolvemento Local 1 praza, Coidadora de Vivenda Comunitaria 1praza e Traballadora Social Unha praza a media xornada:
BASES XERAIS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS
VACANTES DE PERSOAL FUNCIONARIO E DE PERSOAL LABORAL, NO CONCELLO DE SAMOS, PARA ACCESO
LIBRE, CORRESPONDENTES Á OFERTA DE EMPREGO DE 2018.
1.- NORMAS XERAIS.

Ás presentes probas selectivas seranlle aplicables o Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público; no que resulte vixente, a Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local LRBRL; o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local TRRL; a Lei 30/84, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública LMRFP; o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da Admón. Local; a Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia; o Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e o Real Decreto 64/1995, de 10 de marzo, Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado.
1.2.- CONVOCATORIA.
Aprobadas as Bases Xerais e Específicas e a convocatoria pola Alcaldía do correspondente proceso selectivo, ordenarase a súa publicación no BOP, enviando extracto da convocatoria ao Diario Oficial de Galicia DOG e ao Boletín Oficial do Estado BOE. Igualmente publicarase no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na páxina web www.concellosamos.es 2.- OBXECTO.
As presentes Bases Xerais teñen por obxecto establecer o procedemento xeral polo que se rexerán os procesos selectivos para acceder ás distintas escalas, subescalas, clases e categorías de persoal funcionario e de persoal laboral deste Concello, vacantes no Cadro de Persoal Funcionario e no Cadro de persoal laboral, dotadas orzamentariamente e incluídas na correspondente Oferta de Emprego, para prover mediante acceso libre.
3.- SISTEMA DE SELECCIÓN.
O sistema de selección será o determinado nas bases específicas para cada praza.
4.- PRAZAS QUE SE CONVOCAN.
O número de prazas ofertadas establecerase na convocatoria, determinando o número de prazas reservadas ao sistema de acceso xeral e, se é o caso, as que se reservan para ser cubertas por persoas con discapacidade, con grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.
5.- INCOMPATIBILIDADES.
As persoas que obteñan as prazas ás que se refire a convocatoria, estarán sometidas ao réxime de incompatibilidades que determinan as disposicións vixentes Lei 53/84, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas.
6.- REQUISITOS XERAIS DAS PERSOAS ASPIRANTES.
6.1.- Para poder participar nos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes:
6.1.1.- Requisitos xerais:
a Ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea ou dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de
Anuncio publicado en: Num BOP 49 año 2019 26/02/2019 14:17:25
27/02/2019 08:00:00

1.1.- NORMAS DE APLICACIÓN.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha27/02/2019

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728