Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 046 sábado, 23 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
As obras solicitadas consisten na execución do peche perimetral do predio situado na parcela 2331 do polígono 10 da concentración parcelaria, na zona de policía de leitos dun rego innominado, no lugar da Rexedoira, na parroquia de Santiago de Adelán, no concello de Alfoz Lugo.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 7 de febreiro de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0481

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE INNOVACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MOCIDADE E DEPORTE
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES E CLUBS
DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE LUGO EN CONCORRENCIA COMPETITIVA, ANO 2019
A presente liña de axudas insírese dentro das previsións reflectidas no Plan Estratéxico da Deputación de Lugo 2017-2019, liña 4.2 Deportes, co obxectivo de promover e difundir o deporte e a súa práctica por todos os sectores da poboación, potenciando a mellora do deporte na provincia de Lugo, apoiando as actividades e a participación dos clubs/entidades da provincia de Lugo en ligas ou campionatos oficiais e axudar ás entidades á organización de eventos deportivos.

Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades e clubs deportivos, da provincia de Lugo enténdase con sede e/ou delegación na provincia co obxectivo de fomentar o deporte de base e o desenvolvemento da actividade deportiva de carácter competitivo na anualidade de 2019. En consecuencia, quedan excluídas da presente convocatoria as sociedades anónimas deportivas.
A. Liña de axudas á actividade competitiva federada Axudas destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo enténdase con sede e /ou delegación na provincia que desenvolvan a súa participación en competicións organizadas polas respectivas federacións deportivas oficiais das disciplinas deportivas recoñecidas oficialmente polo Consello Superior de Deportes de acordo coa listaxe que figura na súa páxina web e que se relaciona no ANEXO A destas bases e cuxa finalidade é promover os valores do deporte dende a base e que desenvolvan a actividade competitiva e deportiva para a que solicitan a axuda na provincia de Lugo, sen prexuízo, no seu caso, da respectiva estrutura e distribución xeográfico-deportiva de cada unha das distintas categorías, campionatos e competicións de cadansúa federación deportiva. As entidades e clubs deportivos solicitantes deberán estar creados como máximo a data 31 de decembro de 2018.

O orzamento financiable componse dos seguintes gastos subvencionables:
o Gastos de persoal. Serán subvencionables os gastos do seguinte persoal, con contrato laboral coa entidade ou club deportivo solicitante, ou de acreditar ter contratado os servizos con terceiros:
- técnico deportivo - adestrador/a - fisioterapeuta - preparador físico - monitor/a deportivo/a
o Gastos federativos: licenzas e dereitos de participación e inscrición en competicións, cotas de mutualidades deportivas, primas e cotas de afiliación a seguros e mutualidades deportivos.

Enténdase gastos federativos necesarios para a participación desas entidades e clubs deportivos nas respectivas competicións deportivas licenzas, inscricións e mutualidades, dentro da liña de actividade competitiva, sempre que ese gasto se acredite como pagado, dentro do período de realización da actividade e dentro do respectivo período federativo, que vincule tal gasto á súa participación na competición de que se trate.

o Gastos de arbitraxe, comisarios deportivos e xuíces deportivos: deberá acreditarse mediante a respectiva factura, na que se indiquen partidos disputados coas respectivas datas.

Anuncio publicado en: Num BOP 46 año 2019 22/02/2019 13:15:53
23/02/2019 08:00:00

1. DEFINICIÓN DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha23/02/2019

Nro. de páginas64

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728