Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 027 venres, 1 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 23 de xaneiro de 2019, o expediente de modificación de créditos núm. 2 /2019, 1º de competencia do Pleno, dentro do vixente Presuposto municipal, por un importe de dez mil oitocentos setenta euros10.870,00 € , en cumprimento do disposto no artigo 117.2 en relación co 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaria deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as que deberán ser dirixidas ao Sr. AlcaldePresidente deste Concello.
O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.
Begonte, 23 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, José Ulla Rocha.
R. 0246

O CORGO
Anuncio CONVOCATORIA PARA A ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DO CORGO
De conformidade co acordo adoptado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 5
de decembro de 2018, é á vista de que transcorreu un periodo de 4 anos do nomeamento do Xuiz de Paz Titular do Concello do Corgo, faise pública a convocatoria para a elección do Xuíz de Paz titular, que será elixido polo Pleno do Concello.
Obxecto: Elección do Xuíz de Paz titular do Concello do Corgo.

Condicións legais que deben reunir os solicitantes: Ser español, maior de idade e aínda non sendo licenciado en dereito, reúna os requisitos establecidos na Lei Orgánica do Poder Xudicial para o ingreso na carreira xudicial e non estean incursos en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas no desenvolvemento das funcións xudiciais, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

Prazo de presentación de solicitudes: quince días hábiles a partir do seguinte o da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Lugar de presentación de instancias: As solicitudes, dirixidas ó Sr. Alcalde, presentaranse no rexistro xeral do Concello do Corgo, ou por calquera dos medios a que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1
de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documentos que deben acompañar coa solicitude:

- Fotocopia autenticada do DNI.
- Certificación do Rexistro Central de Penados ou Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/80 no seu punto 1.a referente a se está inculpado ou procesado.
- Declaración complementaria, referente a si se encontra inculpado ou procesado.
- Xustificación dos méritos de alegalos o solicitante.
O Corgo, 22 de xaneiro de 2018.- O ALCALDE, José A. Ferreiro González.
R. 0247

LOURENZÁ
Anuncio Exposición pública do Padrón das Taxas polo Servizos de Subministración de auga, conservación de contadores, canon da auga, coeficiente de vertedura e saneamento.
Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento, o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, conservación de contadores, canon da auga, coeficiente de verteduras e saneamento, correspondente ao 4º trimestre de 2018, o citado padrón estará a disposición do publico durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no BOP na Oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Ponte de Cuñas 11 Recinto Feiral en horario de 12:00 a 14:00 horas, os luns, mércores e xoves, e os días 9 e 28 laborais, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.

Anuncio publicado en: Num BOP 27 año 2019 31/01/2019 10:39:13
01/02/2019 08:00:00

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha01/02/2019

Nro. de páginas5

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728