Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/01/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 7 DE XANEIRO DE 2019

N.º 005

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 11 de decembro de 2018 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica liña colectora Ludrio eixe sur:
tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago - A Vacariza - parque eólico Monciro nos concellos de Baleira e Castroverde. Expediente IN407A 2017/3-0

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 do 26 de decembro do Sector Eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como Anexo á presente resolución e que se expón tamén nos taboleiros de anuncios dos concellos de Baleira e Castroverde, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 7 de decembro de 2017 e no Diario Oficial de Galicia do 12 de decembro de 2017, para que comparezan o vindeiro 23 de xaneiro de 2019 no Concello de Baleira, e o 24 e 25 de xaneiro de 2019 no de Castroverde, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, nos taboleiros de anuncios dos concellos de de Baleira e Castroverde, estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta art. 52.3 da Lei de expropiación forzosa.
Ase mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial Rolda da Muralla 70, Lugo ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar sen prexuízo da correspondente publicación no BOE e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 11 de decembro de 2018.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

Anuncio publicado en: Num BOP 5 año 2019 07/01/2019
04/01/2019 08:00:00
14:18:49

Con data 30 de outubro de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgan á empresa Gas Natural Fenosa Renovables S.L.U. as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, da instalación eléctrica denominada liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago A Vacariza - parque eólico Monciro, sita nos concellos de Baleira e Castroverde.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/01/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha07/01/2019

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones