Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 042 Luns, 22 de febreiro de 2021

BOP Lugo
Por acordo da Xunta de Goberno de 15 de xaneiro de 2021, aprobase a convocatoria e bases específicas para constituír unha listaxe de emprego de Técnico/a Superior en Protocolo para prestar servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo O Acordo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia número 023, do 29 de xaneiro de 2021.
Producíndose erros materiais ao transcribir os temas 34, 35 e 36 contidos na base específica 6, apartado b, referente ao programa de materias específicas, consistente en que o contido dos mesmos está xa recollido nos temas 4, 5 e 6 do temario; Considerando o establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que textualmente di: as Administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais de feito o aritméticos, existentes nos seus actos, proponse á Xunta de Goberno, para que segundo as facultades que lle confire o artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, de data 30
de xuño de 2020 BOP número 202, do 3 de setembro de 2020, acorde:
Corrixir os temas 34, 35 e 36 contidos na base específica 6 apartado b referida ao programa de materias específicas aprobado na Xunta de Goberno de data 15 de xaneiro de 2021 do seguinte xeito:
1-TEMA 34
Onde di: 34. Protección de datos. Os tratamentos honoríficos en España. Tipos. Tratamentos reais e nobiliarios.Tratamentos para condecoracións. Tratamentos para autoridades civís, militares, eclesiásticas e diplomáticas.
Debe dicir: 34. Protección de datos persoais na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Principios esenciais e dereitos das persoas.
2-TEMA 35
Onde di: 35. Dereito premial: distincións das Comunidades Autónomas, das corporacións locais, e provinciais.
Nomeamentos honoríficos e condecoracións. Tramitación do expediente.

3-TEMA 36
Onde di: 36. A imaxe corporativa. Concepto e relevancia. A formación da imaxe institucional. Uso e aplicacións.
O patrocinio e o mecenado.
Debe dicir: 36. A organización das rodas de prensa e conferencias de prensa. Entrevistas cos medios.
Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante da Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da publicación deste acordo no BOP ou ben recurso contencioso - administrativo diante do Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte da citada publicación ,sen prexuízo de que se interpoña calquera outra que se estime oportuno.
Pazo Provincial, 17 de febreiro de 2021.- A secretaria xeral, María Esther Álvarez Martínez.
R. 0438

CONCELLOS
BARREIROS
Anuncio Por Resolución da alcaldía de data 11 de febreiro de 2021, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 6º bimestre do exercicio 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 8 de febreiro ata o 20 de marzo de 2021.
Contra o acto de aprobación do padrón e da liquidación de tributos municipais incorporada a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a exixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa
Anuncio publicado en: Num BOP 42 año 2021 22/02/2021
19/02/2021 08:00:00
13:09:37

Debe dicir: 35. O protocolo da Unión Europea: simboloxía da Unión.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/02/2021

Page count35

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28