Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 040 venres, 19 de febreiro de 2021

BOP Lugo
Decreta, manda e asina o señor alcalde, na Pontenova a nove de febreiro de dous mil vinte e un.- O alcalde, Darío Campos Conde.
R. 0366

QUIROGA
Anuncio Convocatoria para a provisión en propiedade, dunha praza de persoal laboral fixo do posto de Coordinador/a Técnico/a de Deportes.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 031, do 8 de febreiro de 2021, foron publicadas integramente as bases que rexeran a convocatoria para a provisión dunha praza de persoal laboral fixo do posto de Coordinador/a Técnico/a de Deportes, asimilada ao Subgrupo C1, mediante concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Quiroga, 9 de febreiro de 2021.- O alcalde, Julio Álvarez Núñez.
R. 0367

SARRIA
Exposición pública do Padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, saneamento e depuración de augas residuais; recollida de lixo do Concello de Sarria.
Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento-depuración; o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, conservación de contadores, canon da auga e recollida de lixo, correspondente ao cuarto trimestre de 2020, o citado padrón estará a disposición do publico durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no BOP na Oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Peregrino nº 31 Portal 1 Baixo; en horario de 9:00 a 14:00
horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.
Contra os recibos que contén o padrón poderá formularse perante o Sr. Alcalde, o recurso de reposición previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da finalización da exposición pública do padrón, nos termos previstos en dito precepto legal. Polo que respecta ao canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico - administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia tamén no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación consonte co disposto no artigo 49.7 do Decreto 136/2012 polo que se aproba o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertido a sistemas públicos de depuración de augas residuais.
Neste senso, a publicación no Boletín Oficial da Provincia deste anuncio, produce efectos: de notificación expresa ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria; e de anuncio de cobranza segundo o disposto no artigo 24 do Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o regulamento xeral de recadación.
O pago poderá efectuarse nas oficinas da empresa ESPINA & DELFÍN, S.L. abertas ao público de 9:00 a 14:00
horas, de luns a venres.
Transcorrido o período voluntario de pago establecido, ata o 5 de Abril de 2021, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento coa recarga de prema, os xuros de mora e as custas que se produzan.
Polo que respecta ao canon da auga a vía de constrinximento será realizada pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Sarria, 9 de Febreiro de 2021.- O alcalde, Claudio Melquiades Garrido Martinez.
R. 0368

Anuncio publicado en: Num BOP 40 año 2021 19/02/2021
18/02/2021 08:00:00
10:28:43

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/02/2021

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28