Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 024 sábado, 30 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
ARTIGO 3º.-ÁMBITO TEMPORAL.
O presente convenio entrará en vigor o día do seu asinamento, independentemente da súa publicación no BOP e DOG. Manterá a súa vixencia ata o 31-12-2021 e os seus efectos económicos enténdense retrotraídos ó 1 de xaneiro de 2020.
Ó remate da vixencia temporal do presente convenio e mentres non se substitúa por un novo, quedará vixente o seu contido normativo.
A denuncia por calquera das partes asinantes deste convenio terá que formalizarse por escrito ante a Consellería de Traballo, establecéndose o prazo dun mes antes da finalización deste para a súa formulación, dando traslado á outra parte. Constituirase a comisión negociadora nun prazo non superior a dous meses desde o remate da vixencia, despois da denuncia.
ARTIGO 4º.-COMPENSACIÓN E ABSORCIÓN.
Respectaranse a título individual ou colectivo as condicións económicas e de calquera outra clase, que fosen máis beneficiosas ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.
Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou nalgún dos conceptos retributivos, unicamente terán eficacia práctica se, globalmente consideradas e sumadas ás vixentes con anterioridade ó convenio, superan o nivel total desta.
En caso contrario, consideraranse absorbidas palas mellaras pactadas.
ARTIGO 5º.-VINCULACIÓN Á TOTALIDADE.
As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.
CAPÍTULO II

6º.-COMISIÓN PARITARIA.
1.
Constitúese unha comisión paritaria de interpretación e vixilancia do cumprimento do vixente convenio, presidida pala persoa que se designe na primeira reunión que se realice. Quedará formada por 2 representantes das persoas traballadoras e 2 do empresario, que serán designados pala representación legal dos/as traballadores/as e pala empresa.
Nomearase secretario/a un vocal da comisión. Os acordes desta comisión requirirán a conformidade da metade máis un do número de compoñentes da comisión paritaria.
Ás reunións da comisión poderán asistir con voz pero sen voto, os asesores de ámbalas representacións.
A comisión reunirase por requirimento de calquera das partes, e como mínimo unha vez cada seis meses.
Os asuntos sometidos á comisión paritaria revestirán o carácter de ordinario e extraordinario. Outorgarán a dita cualificación as partes asinantes do presente convenio . No primeiro suposto, a comisión deberá resolver no prazo de trinta días e no segundo suposto o prazo será de dez días.
Poderá proceder a convoca-la comisión paritaria calquera das partes que a integran e as consultas que se sometan a esta deberán inescusablemente ser presentadas ou avaladas por algunha das partes integrantes da dita comisión .
DETERMÍNANSE COMO FUNCIÓNS FUNDAMENTAIS DA COMISIÓN ASÍ CONSTITUÍDA AS QUE SEGUEN:
1

Interpretación do convenio.

2

Vixilancia do cumprimento do convenio.

3
Recepción e distribución de informes sobre as materias que interesen ó sector: análise da situación económica, produtividade, emprego, formación profesional, etcétera.
4

lntervir nos supostos de inaplicación das condicións de traballo previstas no artigo
82.3 do Estatuto dos Traballadores.
Na primeira reunión da comisión paritaria, esta deberá determina-lo seu sistema de funcionamento de acordo co previsto no presente convenio.
2.
Para o caso de que non se chegue a acordo na comisión paritaria, as partes asinantes do presente convenio comprométense a someterse ós procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo establecidos no Acorde Interprofesional AGA, subscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia CEG e as centrais sindicais Comisións Obreiras de Galicia CC.OO., Unión Xeral de Traballadores UGT e a Confederación lntersindical Galega CIG, nos propios termos nos que no dito acorde están formulados. lso, sen prexuízo de que en conflitos individuais se exerzan as accións que se
Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2021 30/01/2021
29/01/2021 08:00:00
10:48:48

COMISIÓN PARITARIA ARTIGO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/01/2021

Page count26

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31