Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 21 DE XANEIRO DE 2021

N.º 016

CONCELLOS
BECERREÁ
Anuncio Elevado a definitivo por non terse presentado reclamacións, e así dispoñelo o acordo de aprobación provisoria de data 18 de decembro de 2020 da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de Gardería Infantil Municipal de Becerreá. Expediente núm.: 1089/2020, a medio da presente, publícase o devandito acordo na súa parte dispositiva e o texto íntegro da modificación da ordenanza en cumprimento do disposto no artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais:
ARTIGO ÚNICO.Modifícase o artigo 6 que queda redactado do seguinte xeito:
Artigo 6.- Beneficios fiscais.

Estarán exentos do pago da cota tarifada aqueles contribuíntes con rendas inferiores ao trinta por cento do IPREM.
No suposto de rendas comprendidas entre o 30 e inferiores ao 50 por cento do IPREM, a exención somentes alcanzará á prestación por asistencia.
b Bonificacións.
a Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento.
b Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por cento.
c Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun 20 por cento en servizos distintos da atención educativa.
Entenderase por familia numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da devindicación da declaración do IRPF.
Cando por circunstancias sobrevenidas solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc, o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cen.
Aplicarase unha bonificación do 100% na atención educativa na Escola Infantil Municipal para segundos/as fillos/as e sucesivos/as.
2. Expoñer ó público o presente acordo provisional e novo texto da Ordenanza afectada polo prazo de 30 días hábiles, tal como perceptúa o artigo 17.1 e 2 da mencionado Texto Refundido.
3. Elevar a definitivo, este acordo se non se presentasen reclamacións ó mesmo e continua-lo expediente ata súa conclusión, de conformidade co procedemento presvisto no artigo 17.4 e 5 do repetido Texto Refundido.
4. A referida Ordenanza fiscal modificada entrará en vigor a partires do día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP e terá efectos a partires do mesmo día.
O que se fai público facendo constar que contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co establecido no artígo 23 da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderase interpor recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que comenzarán a contarse a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. Todo isto sen prexuizo da interposicón de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Anuncio publicado en: Num BOP 16 año 2021 21/01/2021
20/01/2021 08:00:00
10:04:54

a Exencións.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/01/2021

Page count4

Edition count3283

First edition01/03/2013

Last issue22/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31