Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 007 luns, 11 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
OUROL
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol, en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de decembro de 2020, prestou aprobación aos seguintes Padróns:
- Padrón da TAXA de AUGA correspondente ao 3º TRIMESTRE de 2020.
- Padrón da TAXA de Lixo correspondente ao 3º TRIMESTRE DE 2020.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o órgano que o aprobou, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29
de xullo, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario dous meses, a contar dende o 2 de febreiro de 2021 ata o 2 de abril de 2021, ambos inclusive.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición nas oficinas municipais para efectuar o pago.
A falta de pago do canon da auga da Xunta de Galicia no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
Transcorrido o prazo de pagamento en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento;
de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento xeral de recadación. O recargo será do 5 por 100
cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremo, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, xeral tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Ourol, 28 de decembro de 2020.- O Alcalde Presidente, José Luis Pajón Camba.
R. 0013

Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de decembro de 2020, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de NOVEMBROde 2020 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar polo importe de tres mil cento vinte e catro euros con noventa e dous céntimos, 3.124,92 €, correspondendo mil douscentos
Anuncio publicado en: Num BOP 7 año 2021 11/01/2021 08:00:00

A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/01/2021

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31