Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 278 xoves, 3 de decembro de 2020

BOP Lugo
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 19 de novembro de 2020
Segundo a disposición Transitoria terceira do Decreto 130/2020, de 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia Lugo, 19 de novembro de 2020.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.
R. 3033

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA
Anuncio ANUNCIO do 17 de novembro de 2020 da dirección de Augas de Galicia, de apertura do trámite de competencia de proxectos da modificación do aproveitamento hidroeléctrico no río Landro
Polo presente anuncio, e de conformidade co sinalado pola sentenza do Tribunal de Xustiza de Galicia nº 444/2020
e co preceptuado nos artigos 104 e seguintes, entre outros o artigo 105.3, os parágrafos 3 e 5 do artigo 151 e o artigo 152, todos eles do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, Augas de Galicia procede a someter a competencia de proxectos a concesión hidroeléctrica, outorgada en execución de sentenza, o 12/03/2015 a Sociedad Lucense de Energía Hidráulica y Eólica, SL, para derivar un caudal de 1.370 1/s do río Landro, nos Concellos de Ourol e Muras, con destino á produción de enerxía eléctrica, así como a modificación formulada polo concesionario. A dita concesión foi obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 87, correspondente ao día 18/04/2015.
Os datos da solicitude de modificación da concesión mencionada son:
Nome e enderezo do peticionario:

Sociedad Lucense de Energía Hidráulica y Eólica, SL

R/ Cantón Grande, 6, 6 A
15003 A Coruña Destino do aproveitamento:

Produción de enerxía eléctrica
Caudal solicitado:

1600 l/s do río Landro
1200 l/s do rego Coruxos transvasamento ao río Landro.
Corrente de onde se derivan as augas:

Landro e Coruxos
Corrente de onde se restitúen as augas: Landro Concellos onde radican as obras:

Ourol e Muras Lugo
Esta tramitación efectúase, atendendo ás indicacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos antes mencionados do Regulamento do Dominio Público Hidráulico aprobado polo Real Decreto 849/1986,do 11
de abril, comprendendo a competencia de proxectos a concesión coa modificación, para que no prazo dun 1
mes, a contar desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, o concesionario presente instancia concretando a correspondente petición e o proxecto construtivo, que deberá comprender todas as infraestruturas e instalacións actuais e todos os elementos existentes no aproveitamento hidroeléctrico, co contido que marca o artigo 106.2 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico, admitíndose tamén, durante este prazo, outras peticións que teñan o mesmo obxecto e en competencia con aquela.
Denegarase a tramitación posterior de toda petición que supoña unha utilización de caudal superior ao dobre do que figura máis enriba como petición base do concurso, de acordo co disposto no artigo 105 do RD 849/1986, sen prexuízo de que, o peticionario que o pretenda poida, dentro do prazo fixado neste anuncio para a admisión de peticións, acollerse á tramitación indicada no parágrafo 3 do antedito artigo 105, remitindo a súa petición na forma prevista no artigo 104 do RD 849/1986 e solicitando a paralización do trámite da solicitude publicada inicialmente. Á petición xuntará resgardo acreditativo do ingreso na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública dunha fianza pola cantidade de 60.000 sesenta mil euros, para responder da presentación do documento técnico correspondente á súa petición.
Durante o prazo concedido para a presentación de propostas deberán presentarse as peticións e os documentos técnicos perante o rexistro dos servicios centrais de Augas de Galicia, en formato dixital e en formato papel, debidamente embalados nun único vulto; así mesmo en toda a documentación referenciarase a clave do
Anuncio publicado en: Num BOP 278 año 2020 03/12/2020
02/12/2020 08:00:00
12:06:30

Clave expediente: 17/038/11

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/12/2020

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031