Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/11/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 9 DE NOVEMBRO DE 2020

N.º 257

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS - SELECCIÓN PROMOCIÓN E CARREIRA
Anuncio ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO 30 DE OUTUBRO DE 2020, POLO QUE SE RESOLVE DE FORMA
DEFINITIVA O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE
ADMINISTRACIÓN XERAL AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, ESCALA ADMINISTRACIÓN
XERAL, SUBESCALA TÉCNICA, GRUPO A SUBGRUPO A1, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, QUENDA LIBRE, CORRESPONDENTE A OEP DO ANO 2017, PLAN DE
CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL.

Celebrado o procedemento selectivo para prover a praza número 828 denominada Técnico/a de Administración XeralAxente de emprego e desenvolvemento local, da escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A - subgrupo A1, do cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Lugo, correspondente á OEP para o ano 2017, cuxas base xerais s fixéronse públicas no Boletín Oficial da Provincia núm. 241, de 20 de outubro de 2017 e a Convocatoria e Bases Específicas no BOP Nº 39, de 15 de febreiro de 2019;
Vista a proposta do tribunal cualificador, visto que a aspirante presentou a documentación á que se refire o punto 13.1 das bases xerais que rexen a convocatoria, cumprindo polo tanto os requisitos esixidos na respectiva convocatoria, esta Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, atendendo á proposta do tribunal cualificador e de acordo co punto 14.1 das bases xerais, propón á Xunta de Goberno, que en uso das atribucións que lle confire o artigo 59.b.1 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo BOP nº 3.09.2020, acorde:
1º.- Resolver o procedemento selectivo de forma definitiva, nomeando a Dona María del Carmen Lage Fernández para ocupar a praza número 828 denominada Técnico/a de Administración XeralAxente de emprego e desenvolvemento local, da escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A - subgrupo A1, do cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Lugo, correspondente á OEP para o ano 2017.
2º.- Asignarlle a Dona María del Carmen Lage Fernández o posto denominado Técnico/a de Administración XeralAxente de emprego e desenvolvemento local número 1255 asociado a praza que se sinala no apartado 1º.
A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes, acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
Contra o presente acordo que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, no prazo dun mes a partir do día seguinte o da publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia ou ben, recurso contencioso - administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
Lugo, 4 de novembro de 2020.- A SECRETARIA XERAL, María Esther Álvarez Martínez.
R. 2737

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio O Sr. Alcalde do Concello de Baleira en data 29/10/2020 aprobou os padróns das taxas pola prestación do servicio de abastecemento de auga, recollida de lixo, taxa de alcantarillado e canon da auga correspondentes 5º bimestre do 2020. Durante o prazo de 15 días os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións.

Anuncio publicado en: Num BOP 257 año 2020 09/11/2020 08:10:00
08:09:27

A Xunta de Goberno desta Deputación, en sesión ordinaria celebrada o día trinta de outubro de dous mil vinte, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/11/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/11/2020

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions