Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 210 sábado, 12 de setembro de 2020

BOP Lugo
SEGUNDA.- ACCESO E PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS FORMATIVAS
1. Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I.
2. Reservarase un 5% do número de prazas para traballadores con discapacidade, en cumprimento co disposto no artigo 11 do Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Incorpórase como criterio de valoración na participación nos cursos de formación de empregados públicos o estar afectado por unha discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. A selección efectuarase por separado da quenda xeral, incorporándose a ésta todas as vacantes que queden sen solicitantes.
3. A Sección de Formación poñerase en contacto cos peticionarios, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ao teléfono 982 260 065.
4. A non comparecencia ou abandono dun participante admitido a unha acción formativa terá como consecuencia que, durante un ano, non será admitido ás distintas accións formativas convocadas pola Deputación Provincial de Lugo.
TERCEIRA.- CERTIFICACIÓNS
Expedirase certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós alumnos/as que asistan ó curso. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais. Unha inasistencia superior ó 15% no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa. No caso dos cursos "MODALIDADE EN LIÑA", é obrigatoria a asistencia á sesión presencial, naqueles que así o requiran. Se o alumno non se presentase á sesión presencial, será excluído deste.
a
Certificación de asistencia, ou
b Certificación de asistencia con aproveitamento: trala superación das probas pertinentes, as cales, terán carácter voluntario.

CUARTA.- MODIFICACIÓNS
A Deputación Provincial de Lugo, poderá modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Lugo, 9 de setembro de 2020. O Presidente: José Tomé Roca. A Secretaria Xeral. María Esther Álvarez Martínez ANEXO I
CARACTERÍSTICAS E CONTIDOS ESPECÍFICOS
Código A. F.: 01.03.01.20
Denominación: REGULAMENTO EUROPEO DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS E A NOVA LEI ORGÁNICA DE
PROTECCIÓN DE DATOS 3/2018. MODALIDADE EN LIÑA
Destinatarios: Personal técnico e administrativo C1 e C2 da Administración Local da provincia de Lugo, que desempeñe as súas funcións en áreas de xestión e relación co cidadán Participantes: 50
Horas: 40
Datas realización: Do 1 ao 23 de outubro de 2020
OBXECTIVOS:
-

Coñecer o contexto normativo da protección de datos.

-

Aprender sobre os principios polos que se rexe a protección de datos.

-

Identificar as distintas medidas de cumprimento.

-

Recoñecer as funcións do delegado de protección de datos, así como o responsable e encargado do tratamento.

PROGRAMA:
-

Contexto normativo da protección de datos.

-

Principios de protección de datos.

-

Dereitos das persoas e tratamentos específicos.

-

Responsabilidade activa e medidas de cumprimento.

-

Responsable de tratamento e encargado de tratamento.

-

Delegado de protección de datos.

Anuncio publicado en: Num BOP 210 año 2020 12/09/2020
11/09/2020 08:00:00
13:28:09

En calquera dos supostos só se expedirá unha única Certificación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/09/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930