Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 206 martes, 8 de setembro de 2020

BOP Lugo
SEGUNDO.- Aprobar o gasto de 14.900,00 € a que ascende o importe total das subvencións que se outorgarán por parte do Departamento de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, con cargo á aplicación orzamentaria 33000.48900 RC Ref.: 54847/2020.
TERCEIRO.- Esta convocatoria rexerase polo establecido nas seguintes BASES XERAIS REGULADORAS DA
CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E PERSOAS XURÍDICO-PRIVADAS SEN ÁNIMO DE
LUCRO, QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NO EIDO DA CULTURA ÁREA CULTURA,TURISMO E
PROMOCIÓN DA LINGUA E PARA MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E PEQUENAS REPARACIÓNS DAS
INFRAESTRUCTURAS, NAS QUE SE LEVAN A CABO ESTES PROGRAMAS E ACTIVIDADES-EXERCICIO
ECONÓMICO 2020.
Artigo 1. Obxecto e finalidade Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua ás asociacións culturais e ás entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2020, de programas e actividades culturais que beneficien a colectivos no eido da cultura, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.
Serán subvencionables as actuacións establecidas no artigo 8 baixo a epígrafe gastos subvencionables.
Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, a Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións, as bases de execución do orzamento e demais normativa legal de aplicación.
Artigo 2. Entidades beneficiarias.Requisitos.
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

b As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, Rexistro público de fundación ou calquera outro rexistro público.
c Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá quedar acreditado para estes efectos, coa declaración responsable incluída no Anexo IV destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das certificacións ás que se refire o párrafo f do artigo 10 destas bases.
d Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
f Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido da cultura.
g Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación de animación cultural realizada pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
h Non percibir, durante este exercicio económico, nominativamente no orzamento xeral de 2020.

ningunha
subvención
municipal
das
previstas
i Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.
j Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e con connotacións de tipo sexual ou a denigración da súa imaxe acordo plenario 9/124 do día 30 -06-2016.
Artigo 3. Créditos orzamentarios e contía das subvencións No orzamento municipal para o exercicio de 2020 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica:
Servizo
Partida orzamentaria
Cultura
33000.48900

Importe 14.900,00 €

Artigo 4. Forma e prazo de presentación de solicitudes - As solicitudes de subvención, xunto coa documentación precisa, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 206 año 2020 08/09/2020
07/09/2020 08:00:00
13:00:00

a Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/09/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions