Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 202 xoves, 3 de setembro de 2020

BOP Lugo
incompatibilidade, entre a renuncia á súa condición de deputado/a ou ao abandono da situación que dea orixe a tal incompatibilidade.
De transcorrer o prazo sinalado no parágrafo anterior sen exercitar tal opción, entenderase que o afectado renunciou ao seu posto de deputado/a, e o Pleno deberá declarar a correspondente vacante e poñer o feito en coñecemento da Administración electoral, de conformidade co que se establece nos artigos 182 e 208 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.
Artigo 10
Os membros da Corporación teñen o dereito e deber de asistiren con voz e con voto ás sesións do Pleno e ás dos demais órganos básicos e complementarios de goberno e administración dos que formen parte, por estaren designados na forma que se determina no presente Regulamento, agás causa que o impida, que lle deberán comunicar coa debida antelación ao presidente/a.
Capítulo II
DEREITOS E DEBERES DOS DEPUTADOS/AS PROVINCIAIS
Sección 1. Dereitos honoríficos.
Artigo 11
Os deputados/as provinciais, dende a súa toma de posesión teñen dereito ás honras e distincións propias do cargo que se establezan pola lexislación estatal e autonómica e polo presente Regulamento orgánico; e están obrigados ao cumprimento estrito dos deberes e obrigas inherentes a aquel.
O presidente/a terá o tratamento de ilustrísimo/a e o resto dos deputados/as provinciais o de señorías. O
presidente/a posuirá a medalla da Presidencia e o bastón de mando, e todos os membros da Corporación teñen dereito a posuíren a medalla de deputado/a, segundo o disposto no Capítulo sexto, artigo 13 do Regulamento de Honras e Distincións da Excma. Deputación de Lugo, publicado no BOP do 19 de decembro de 2006.

Artigo 12
Os deputados/as provinciais poderán percibir retribucións polo exercicio dos seus cargos cando, por decisión do Pleno, deban de prestalo en réxime de dedicación exclusiva ou parcial. En ambos os dous casos serán dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social ou outras formas de protección sanitaria, e a Corporación asumirá o pagamento das cotas empresariais que correspondan, salvo o disposto no artigo 74 da Lei 7/85.
Así mesmo o Pleno poderalles recoñecer dedicación exclusiva a deputados/as non adscritos.
Os membros da Corporación teñen dereito a percibiren as indemnizacións que lles correspondan, de conformidade co disposto no presente Regulamento orgánico.
A Deputación Provincial consignará nos seus presupostos as retribucións dos membros da Corporación, dentro dos límites que con carácter xeral se establezan, no seu caso.
Dedicación exclusiva.
Artigo 13
O recoñecemento da dedicación exclusiva a un membro da Corporación esixirá a súa dedicación preferente ás tarefas propias do seu cargo, sen prexuízo de ocupacións marxinais que, en calquera caso, non poderán causar detrimento da súa dedicación á Deputación. En caso de que tales ocupacións fosen remuneradas, requirirase unha declaración formal de compatibilidade por parte do Pleno da Deputación.
A percepción de retribucións será incompatible coa percepción doutras retribucións con cargo aos orzamentos das Administracións e dos entes e os organismos delas dependentes, así como para o desenvolvemento doutras actividades, nos termos da Lei 53/84 do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
Ao se adoptar o acordo que fixe a dedicación exclusiva, seralle notificado ao interesado/a, quen no prazo de cinco días comunicará a aceptación expresa, entendéndose que se non o fai, rexeita tal réxime.
Dedicación parcial.
Artigo 14
Ademais dos deputados/as que desenvolvan a súa responsabilidade baixo a modalidade de dedicación exclusiva, recoñécese que determinados deputados/as que desenvolvan responsabilidades que así o requiran, poderán exercelas a tempo ou dedicación parcial. A dedicación parcial debe ser aceptada, así mesmo, polo interesado/a.
Os membros da Corporación provincial que desempeñen os seus cargos con dedicación parcial por realizaren funcións de Presidencia, Vicepresidencia ou por exerceren delegacións, ou desenvolveren responsabilidades que así o requiran, percibirán retribucións polo tempo de dedicación efectiva a estas.

Anuncio publicado en: Num BOP 202 año 2020 03/09/2020
02/09/2020 08:00:00
14:06:24

Sección 2. Dereitos económicos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/09/2020

Page count39

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions