Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 174 venres, 31 de xullo de 2020

BOP Lugo
BASES ESPECÍFICAS PARA AMPLIAR A LISTAXE DE EMPREGO PARA PRESTAR SERVIZOS TEMPORAIS NA
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS DE TRABALLADOR/A SOCIAL.
1. OBXECTO DAS BASES ESPECÍFICAS:
O obxecto das presentes bases específicas é complementar as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo cota xeral ou cota de discapacitados.
2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO DA LISTAXE QUE SE CONVOCA:
DENOMINACIÓN

TRABALLADOR/A SOCIAL

GRUPO

A

SUBGRUPO

ADSCRICIÓN

RETRIBUCIÓNS

A2

Ás distintas Unidades Administrativas, que requiran das ditas funcións, unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.

As retribucións a percibir serán as correspondentes á praza e a o posto de nivel de entrada.

3. COMETIDO FUNCIONAL:
En canto ao contido funcional da praza/posto/emprego que se convoca será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, se é o caso, disposición que a substitúa.
En ausencia dos anteriores instrumentos, os ocupantes realizarán as funcións que lles sexan atribuídas por calquera outra norma ou polo correspondente superior xerárquico.

Ademais do sinalado na base xeral 4, as persoas aspirantes deberán estar en posesión da seguinte titulación académica, de acordo co artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público:
Grao en Traballo Social,Diplomatura en Traballo Social ou equivalente 5. NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4
6. PROGRAMA:
A MATERIAS COMÚNS.
1. A Constitución Española de 1978, principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno e a Administración Pública. O Poder Xudicial.
2. A organización Territorial do Estado. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. O Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. As competencias da comunidade autónoma de Galicia.
3. O Réxime Local Español. Principios constitucionais. Regulación xurídica. O municipio. A organización municipal. Competencias municipais. A Provincia. Organización provincial. Competencias provinciais.
4.O dereito administrativo. As fontes de dereito administrativo. A potestade regulamentaria na esfera local:
Ordenanzas, Regulamentos e Bandos.
5. O procedemento administrativo común. Fases do procedemento administrativo común. Dereitos dos cidadáns nas súas relación coas administración públicas. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos de carácter persoal.
6. O persoal ao servizo da Admón. Local. Clases. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario.
B MATERIAS ESPECÍFICAS.
1. Historia e evolución do sistema de protección social en España. Marco legal dos servizos sociais: Constitución Española, Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei de bases de réxime local e a Lei de administración de Galicia. O
papel das deputacións provinciais.
2. Lei de servizos sociais de Galicia: Obxecto da lei. O Sistema galego de servizos sociais. Titulares do dereito de acceso aos servizos sociais. A estrutura básica dos servizos sociais. Niveis de actuacións.

Anuncio publicado en: Num BOP 174 año 2020 31/07/2020
30/07/2020 08:00:00
12:18:32

4. REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDAS AO PROCESO
SELECTIVO:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date31/07/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions