Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

9

Núm. 172 mércores, 29 de xullo de 2020

BOP Lugo
OUROL
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol en sesión extraordinaria celebrada o día 8 de xuño de 2020, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de MAIO
de 2020 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de dous mil corenta e oito euros con sete céntimos 2.048,07 €, dos que cincocentos dezanove euros con setenta e cinco céntimos 519,75 € corresponden a libre concorrencia e mil cincocentos vinte e oito euros con trinta e dous céntimos 1.528,32 € a dependencia.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade con artigo 223.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. AlcaldePresidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición nas oficinas municipais para efectuar o pago.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Ourol, 8 de xullo de 2020.- O Alcalde Presidente, José Luis Pajón Camba.
R. 1623

PARADELA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía Presidencia núm. 2020-0151, de data 16/07/2020, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas e lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 1º semestre do exercicio 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas.
Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións de tributos municipais incorporadas a éste, poderase formular recurso de reposición ante esta Xunta de Goberno Local, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.

Anuncio publicado en: Num BOP 172 año 2020 29/07/2020
28/07/2020 08:00:00
12:55:45

ANUNCIO DE COBRANZA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/07/2020

Page count11

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions