Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 167 mércores, 22 de xullo de 2020

BOP de Lugo
Estas axudas serán compatibles con calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso procedente doutras Administracións ou entes, públicos ou privados, rexionais, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre e cando o importe total das axudas que se perciba non supere as perdas económicas derivadas do COVID-19 e os gastos necesarios para adecuación de locais para a reapertura dos seus negocios.
2.- BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas traballadoras por conta propia e as micropymes que reúnan os seguintes requisitos:

3º.- ACCIÓNS OBXECTO DE AXUDA
Consideraranse actuacións obxecto desta axuda as seguintes:
As cotas relativas ao pago da cotización como traballador por conta propia no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no que, no seu caso, corresponda da Seguridade Social ou en Mutualidades profesionais obrigatorias. Dito gasto non se considerará obxecto desta axuda cando teña sido subvencionado por outras administracións públicas.
No caso de autónomos/as ou micro pymes, se ten un ou máis traballadores ao seu cargo, gastos aboados ao persoal adscrito con data 14 de marzo de 2020. Será requisito previo ao cese temporal da actividade o cumprimento das garantías, obrigas e procedementos regulados na lexislación laboral.
No caso de cese de actividade que supoña unha caída de máis do 75% dos seus ingresos, deberá presentar a declaración e documentación requirida nestas bases.
Gastos de arrendamento de locais de negocio, sempre e cando non sexan parte dunha vivenda familiar e non exista relación de parentesco ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade co/coa arrendador/a do local, nin sexa socio/a partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a.
Gastos de mantemento de subministracións, maquinaria, instalacións e equipos adscritos directamente á actividade que se viña desenvolvendo.
Equipamento informático, tecnolóxico e formación relacionada coas novas tecnoloxías.
Asistencia experta externa para labores de desinfección dos equipos, instalacións e das persoas, así como, no seu caso adaptación dos locais esixidas pola normativa, exclusivamente en resposta á situación de continxencia.
A consultoría ou asistencia experta externa vinculada ao desenvolvemento, definición e implantación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo, de plans de seguridade ou continxencias, de plans de RRHH de conciliación, de plans de xestión da produción e a loxística e outros plans vinculados á resposta inmediata da situación de referencia.
Gastos correspondentes a primas de seguros da actividade Pagos vencidos a proveedores da actividade.
4º.- PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN E CONTÍA DAS AXUDAS
A contía total prevista para esta convocatoria é de 25.000 euros e aboarase con cargo ao Orzamento 2020, previas as modificacións orzamentarias precisas.
O importe máximo da axuda será de 1.000,00 €. A axuda deberá destinarse a paliar o impacto económico dos danos económicos resultantes do peche temporal de pequenos establecementos minoristas, de negocios por parte
Anuncio publicado en: Num BOP 167 año 2020 22/07/2020
21/07/2020 08:00:00
10:35:22

Terse visto afectados como consecuencia da declaración do estado de alarma para a xestión do COVID-19, ben por peche temporal da actividade ou por minoración ostensible da súa actividade que supoña unha caída de máis do 75 % dos seus ingresos en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seus meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período da actividade.
Que a actividade afectada polo peche temporal disposto polo estado de alarma, non se teña visto compensada por un incremento da facturación mediante un aumento do volume de negocio online ou telefónico da persoa solicitante.
Que teñan o seu domicilio fiscal da actividade no municipio de Folgoso do Courel e radique no mesmo o centro de traballo afectado.
Que estean ao corrente de pago das súas obrigas tributarias e non tributarias co Concello de Folgoso do Courel e con outras administracións.
No caso de autonómos/as, estar afiliado como autónomo e coa alta en vigor na data da declaración do estado de alarma 14 de marzo de 2020
No resto dos beneficiarios, estar legalmente constituídos e inscritos nos rexistros correspondentes, así como os dados de alta no Réxime de Seguridade Social ou Mutualidade que corresponda, na data da declaración do estado de alarma 14 de marzo de 2020.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/07/2020

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions