Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

29

Núm. 162 xoves, 16 de xullo de 2020

BOP Lugo
Finalidade e obxecto.- A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para que os interesados realicen as seguintes actividades de natureza cultural e, con carácter xeral, todas aquelas actividades de interese para os veciños do Concello que representen unha mellora da calidade de vida dos mesmos ou da cohesión social.
As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo á partida 2020 .334,48901 Promoción da Cultura. Transferencias Correntes por un importe máximo de 14.000,00.
Destinatarios.- Poderán solicitar estas subvencións: as entidades e asociacións sen finalidade de lucro, domiciliadas en Ribadeo legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións; as persoas físicas ou colectivos para iniciativas temporais de interese cidadán, sen ánimo de lucro, sempre que, en ambos casos, non teñan recoñecida subvención nominativa nos orzamentos municipais.
Excepcionalmente cando a actividade teña interese para o municipio, xa sexa de carácter social, económico ou humanitario, poderase conceder unha subvención a entidades foráneas, ou non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. A fundamentación de dito interese se acreditará mediante a achega dunha memoria o efecto Procedemento e Prazo.- O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do día seguinte á publicación das presentes bases ou o extracto nos diarios oficias correspondentes BOP de Lugo e/ou DOG.
Tomarase como data para inicio do prazo a da última publicación que se realice. O procedemento de concesión seguirase conforme ao artigo 22 da Lei de Subvencións de Galicia, con carácter abreviado, podendo presentarse conxuntamente a solicitude e a xustificación, de ser o caso.
Documentación a presentar.- A que figura na base 5 das aprobadas pola resolución da Alcaldía, existindo modelos a disposición dos solicitantes na páxina web www.ribadeo.org e nas oficinas municipais.
Xustificación.- O prazo de xustificación rematará, o 31 de xaneiro de 2021, debendo presentar a documentación a que se refire o artigo 5 das bases.
Ribadeo, 6 de xullo de 2020.- O Alcalde, Fernando Suárez Barcia.

Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2020 16/07/2020
15/07/2020 08:00:00
12:46:02

R. 1493

Powered by TCPDF www.tcpdf.org

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/07/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions