Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 160 martes, 14 de xullo de 2020

BOP Lugo
FRIOL
Anuncio BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DE VARIOS
POSTOS DE TRABALLO PARA O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE
BEGONTE, FRIOL, GUNTÍN, PALAS DE REI E RÁBADE.
PRIMEIRA.OBXECTO.- a presente convocatoria e bases reguladoras, teñen por obxecto a selección e posterior contratación de varios postos de traballo para a creación e posta en marcha dun Servizo de Atención Temperá de xestión compartida, nos Concellos de Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei e Rábade, ao abeiro da Orde do 19/12/2019, DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020, para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 código de procedemento BS700A.
Mediante resolución de data 19/05/2020, publicada no DOG nº 100 do 26 de maio, a Consellería de Política Social acordou outorgar subvención á agrupación de concellos de Friol, Begonte, Guntín, Palas de Rei e Rábade para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá sendo o Concello de Friol xestor do mesmo en cumprimento do establecido no Convenio asinado o 19 de febreiro de 2020. Con posterioridade remitiuse á Consellería declaración, na que se pon de manifesto a existencia dun erro na solicitude, referente aos perfís profesionais, en orde á súa corrección. Elo non incidirá no montante da subvención concedida.
O período de contratación, de conformidade coa axuda concedida será ata o 31 de outubro do actual, segundo o disposto na orde reguladora, a efectos da xustificación da mesma. Todo elo, sen prexuízo de que se a administración autonómica prorrogara o prazo en relación coa axuda concedida, prorrogaríase tamén o contrato polo mesmo prazo.

PERFIL PROFESIONAL

LOGOPEDA

XORNADA

PARCIAL

PERÍODO DE CONTRATACIÓN

Ata 31/10/2020

ENFERMEIRO/A

COMPLETA

Ata 31/10/2020

TERAPEUTA OCUPACIONAL

COMPLETA

Ata 31/10/2020

PSICOLOGO/A

COMPLETA

Ata 31/10/2020

O grupo de categoría de persoal laboral á que se equipare cada un dos profesionais integrantes do equipo determinarase en función do establecido no artigo 10 da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
A persoa que resulte seleccionado/a co perfil profesional de Terapeuta ocupacional deberá realizar as funcións de coordinación do servizo, sen prexuízo de que en casos de ausencia, baixa, enfermidade ou calquera outra incidencia que poida xurdir, poidan ser encomendadas a calquera outro/a dos integrantes do equipo.
As funcións serán as que encomende o Alcalde-Presidente ou concelleiro/a en quen delegue, e entre outras as seguintes:

Deseño e avaliación de programas personalizados de intervención para o neno/a, a familia e a contorna.
Apoio emocional, social, informativo e formativo no relacionado coa información diagnóstica.
Elaboración de documentación técnica e pautas individualizadas.
Intervención directa cos nenos e nenas e as súas familias segundo as necesidades.
Información e asesoramento a familias en sistemas alternativos de comunicación e desenvolvemento da linguaxe.
Valoración de situacións de risco, dificultades e trastornos do desenvolvemento da comunicación, a linguaxe e a fala.
Información, orientación e apoio relacionado co desenvolvemento persoal e as necesidades cotiás.

Anuncio publicado en: Num BOP 160 año 2020 14/07/2020
13/07/2020 08:00:00
13:46:34

As contratacións a realizar para a posta en marcha do servizo serán a xornada completa e parcial en función do perfil profesional, de luns a venres, en horario de mañá ou de tarde a determinar en función das necesidades de servizo, en todo caso de forma obrigatoria o servizo deberá ser prestado un mínimo de dúas tardes á semana. Os postos laborais ofertados son os que seguen:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/07/2020

Page count61

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions