Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 156 xoves, 9 de xullo de 2020

BOP Lugo
X. Adxudicación das hortas.
26.- O sistema de adxudicación das hortas realizarase mediante sorteo público, entre tódalas solicitudes admitidas dentro do prazo habilitado a tal efecto.
27.- O sorteo realizarase nas dependencias que determine a Excma. Deputación de Lugo e ante, como mínimo, o funcionario en quen recaia dita función, sendo pública a súa celebración. A data anunciarase no taboleiro de edictos da Excma. Deputación de Lugo e na páxina web da Deputación de Lugo e nos medios fixados pola normativa vixente neste particular, coa antelación que fixe a convocatoria.
28.- Unha vez adxudicadas as parcelas previstas, os participantes que non tiveran sido adxudicatarios formarán parte dunha listaxe de reserva que crearase ao efecto, onde figurarán por orde de sorteo. Esta listaxe estará numerada e a disposición dos solicitantes dos hortos e terá validez durante dous anos.
29.- Unha vez adxudicada a licenza que autoriza ao uso da horta, o adxudicatario deberá responder dos danos e prexuízos que puidese causar. No relativo aos danos, a existencia dos mesmos será causa da extinción das autorizacións sinalando ademais das previstas no artigo 100 da lei 33/03 do Patrimonio das Administracións Públicas entre outras: o incumprimento dos termos da autorización redactados; a revogación unilateral; o vencemento do prazo autorizado.
30.- Si dentro do prazo de adxudicación algún dos usuarios renunciase ou deixase libre a súa parcela por calquera causa, deberá comunicalo cunha antelación mínima dun mes e adxudicarase a mesma ao seguinte da listaxe de reserva.
31.- As persoas que tiveran solicitado voluntariamente a renuncia non se incluirán novamente na listaxe de reserva ata transcorrido un ano dende a súa baixa.
XI. Órganos Competentes.
32. En materia relativa á adxudicación dos hortos ou demais acordos que se poidan acadar, o órgano competente será sempre a Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

33.- As parcelas adxudicaranse por un prazo de 2 anos, duración deste proxecto, sen menoscabo de posibles ampliacións.
34.- De abandonar o uso da propiedade, o adxudicatario deberá deixar no prazo dos quince días anteriores á finalización da autorización, a horta limpa e apta para ser cultivada polo seguinte adxudicatario.
35.- A Excma. Deputación de Lugo poderá revocar unilateralmente a autorización en calquera momento por razóns de interese público, cando resulten incompatibles coas condicións xenerais aprobadas con posteridade, produzan danos no dominio público, impida a súa utilización para actividades de maior interese público ou menoscaben o uso xeral.
XIII. Dereitos.
36.- Os adxudicatarios das hortas terán dereito a traballala parcela adxudicada e a desfrutar dos seus produtos.
XIV. Prohibicións.
37.- As hortas dedicaranse única e exclusivamente a horta familiar, cultivándose só especies para o consumo humano, en consecuencia, non poderán ser destinados a outras finalidades, quedando expresamente prohibido:
a O cultivo de plantas degradantes do solo.
b O cultivo de plantas psicotrópicas e/ou prohibidas pola Lei, así como aquelas declaradas como invasoras pola Administración.
c Modificar a estrutura da parcela.
d A realización de ningún tipo de obra e, en concreto, a instalación de calquera cerramento ou separación, churrasqueiras, táboas fixas ou bancos, nin levantar ou instalar espantallos, casetas, galpóns ou edificacións de calquera tipo, xa sexan con materiais artificiais ou naturais, nin a construción ou instalación de novos elementos ou modificación dos existentes, sen autorización da Excma. Deputación de Lugo.
e O cultivo de árbores, arbustos e cultivos permanentes. Os cultivos de plantas anuais non terán limitación de altura.
f Usar a horta como depósito ou almacén de materiais ou mobiliario.
g A comercialización, pola forma que sexa, dos produtos obtidos no cultivo da horta.
h A acumulación ou abandono de calquera material alleo á función da horta susceptible de alterar a estética do lugar.
i Alterar os camiños aos terreos colindantes coas hortas.

Anuncio publicado en: Num BOP 156 año 2020 09/07/2020
08/07/2020 08:00:00
11:28:27

XII. Duración.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/07/2020

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions