Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 154 martes, 7 de xullo de 2020

BOP Lugo
As candidaturas que fosen galardoadas cos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense non poderán volver a presentar candidatura a eles na mesma modalidade ata transcorrido un prazo de tres anos dende a concesión do anterior premio. No caso de que, transcorrido o citado prazo, resultasen novamente galardoados ou galardoadas, os motivos nos que se fundamente a xustificación da súa candidatura non poderán coincidir cos motivos nos que se baseou a concesión do premio ou premios anteriores.
Os proxectos concretos nos que, de ser o caso, puidese fundamentarse a candidatura para a recepción destes premios deberán ter carácter actual, desenvolvéndose no marco dun plan vixente no momento da proposta ou ben, como máximo, terse realizado no ano inmediatamente anterior.
Igualmente, no caso de que o que se propoña como candidato á recepción do premio sexa un traballo de investigación, deberá ter como ámbito de estudo a provincia de Lugo e os datos e conclusións achegadas deberán ter vixencia no momento da proposta. No caso de que este traballo de investigación se desenvolva no contexto dunha titulación académica deberá ter sido cualificado como mínimo, cunha puntuación de sobresaínte, para o que se deberá achegar o certificado expedido pola entidade competente.
A Deputación de Lugo non se fai responsable do uso non autorizado por terceiros dos proxectos presentados e/ou premiados, en especial da súa copia, manipulación, redistribución ou calquera outra forma en contornas non desexadas ou enlaces ilícitos.
As persoas físicas ou xurídicas candidatas serán responsables dos datos incluídos nas propostas, en especial da súa veracidade, co compromiso de probar documentalmente todos os datos que figuran na inscrición, no suposto de que así se lles solicite.
Décima: Revogación
1. Ter sido sancionado ou sancionada con carácter firme pola Administración competente en materia turística pola comisión de faltas graves ou moi graves.
2. Ter sido condenado ou condenada en sentenza firme pola comisión dalgún feito delituoso.
3. Que se detecte o incumprimento dun ou varios requisitos establecidos para as persoas candidatas nestas bases.
4. Outras circunstancias debidamente motivadas que, a xuízo do persoal membro do Consello Provincial de Turismo, se estimen suficientemente significativas para propoñer a revogación do premio.
5. A proposta de revogación dos premios requirirá a adopción dun acordo previo por maioría absoluta por parte do Consello Provincial de Turismo. Dito acordo, que se recollerá nunha acta, xunto co corresponente informe do Servizo de Turismo, servirán como motivación da proposta de revogación que, por parte da Deputada Delegada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo sexa elevada á Xunta de Goberno, órgano competente para a revogación dos premios.
Décimo primeira: Outra normativa aplicable Os premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense rexeranse no non regulado expresamente nestas disposicións:
- Pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público - Pola Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosoadministrativa.
- Pola Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- Polo Regulamento UE 2016/679 do Parlamento europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE Regulamento xeral de protección de datos.
- Polo Regulamento do Consello Provincial de Turismo da Provincia de Lugo, aprobado en sesión plenaria o 30 de xaneiro de 2018, e publicado no Boletín Oficial da Provincia n.º 102 de sábado, 5 de maio de 2018.
- Pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
- Pola Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
- Pola Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 154 año 2020 07/07/2020
06/07/2020 08:00:00
12:31:38

Os premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense poderán ser revogados, por proposta de calquera das persoas membros integrantes do Consello Provincial de Turismo cando se dea algunha das seguintes circunstancias nun galardoado ou galardoada:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/07/2020

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions