Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 151 venres, 3 de xullo de 2020

BOP Lugo
b.- O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, na que se presentará o documento de ingreso que se envía por correo aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria ou nas oficinas municipais, e realizarán igualmente o pagamento.
Unha vez transcorrido o prazo de ingreso voluntario sen que se satisfaga a débeda, iniciarase o período executivo, de acordo co teor dos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o que determinará a esixencia dos xuros de demora, así como a das recargas que correspondan e, se é o caso, das custas do procedemento de constrinximento.
Burela, 19 de xuño de 2020.- O alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1278

CHANTADA
Anuncio O pleno do Concello de Chantada , na sesión extraordinaria do día 18/06/2020 acordou aprobar inicialmente a derrogación da ordenanza reguladora da taxa pola ocupación dos terreos de uso público por mesas, cadeiras e establecementos auxiliares publicada no BOP de 15 de marzo de 1.999 e todas as súas modificacións.
De conformidade co disposto no artigo 17 do Texto Refundido 2/2004, do 5 de marzo, da Lei reguladora das facendas locais e o artigo 49 da Lei de Bases de Réxime Local o expediente queda sometido a exposición pública durante o prazo de 30 días , na Secretaría deste Concello , periodo durante o que as persoas interesadas poderán presentar as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.

Chantada, 16 de xuño de 2020.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 1279

Anuncio O pleno do Concello de Chantada , na sesión extraordinaria do día 18/06/2020 acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos 14/2020 baixo a modalidade de transferencia de crédito 08/2020 entre distintas áreas, por importe de 120.140,43 €.
O expediente exponse ao público polo prazo de quince días , da acordo co artigo 169 do Texto Refundido 2/2004, do 5 de marzo, da Lei reguladora das facendas locais , na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo , que empezará a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia , poderán presentar reclamacións e suxestións que se estimen oportunas, as que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.
Chantada, 19 de xuño de 2020.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 1280

FOLGOSO DO CAUREL
Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 16 de xuño de 2020 o expediente de modificación de créditos nº 172/2020 MC7/2020 TC1, baixo a modalidade de transferencia de créditos entre aplicacións orzamentarias de distinta área de gasto dentro do vixente orzamento municipal, por importe de 22.000,00
euros e dando cumprimento ao establecido nos artigos 169 e 177 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, exponse ao público, polo prazo de quince días hábiles a fin de que durante o mesmo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
Folgoso do Courel, 22 de xuño de 2020.- A Alcaldesa-Presidenta, Dolores Castro Ochoa.
R. 1281

Anuncio publicado en: Num BOP 151 año 2020 03/07/2020
02/07/2020 08:00:00
13:50:25

De non presentarse reclamacións durante o prazo sinalado, entenderase automáticamente elevado a definitivo o acordo de aprobación adoptado.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/07/2020

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions