Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

33

Núm. 151 venres, 3 de xullo de 2020

BOP Lugo
-600,00 euros por traballador para o caso de que se acredite que non se presentou un expediente temporal de regulación de emprego no momento de solicitar a subvención así como comprometerse a non solicitalo nos 3
meses inmediatamente seguintes á súa concesión -Caso de ter solicitado e concedido un ERTE no momento de solicitar a axuda, 600,00 euros por traballador non afectado polo mesmo.
Aos efectos do cómputo do número de traballadores para esta liña teranse en conta, no momento da solicitude, as persoas traballadoras por conta allea con independencia da súa modalidade contractual en proporción á xornada laboral. Os contratos de traballo a tempo parcial computarán en proporción á xornada.
No caso de autónomos que compoñan una comunidade de bens ou sociedade civil, a axuda que podan percibir será prorrateada en función da súa porcentaxe de participación.
Quinto. Requisitos dos solicitantes Os requisitos que deben cumprir os solicitantes destas axudas son os seguintes:
1.- Estivesen desenvolvendo unha actividade económica e de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou Mutualidade correspondente ou no Réxime Xeral da Seguridade Social así como no IAE no momento de decretarse o estado de alarma, segundo o RD 463/2020, de 14 de marzo, así como que manteñan dita situación hasta alomenos 6 meses despois da resolución de concesión destas axudas, mantendo, no caso de ter ao seu cargo persoas traballadoras como mínimo un 50% da plantilla declarada no informe de vida laboral a data 14 de marzo de 2020 coa mesma porcentaxe de xornada que a que servíu de base para facer o cálculo da axuda.

A tal efecto, insertarase declaración xurada a asinar polo solicitante no modelo normalizado de presentación da axuda xunto coa documentación requerida na Base Sexta.
No caso de establecementos que leven a cabo actividades correspondentes a varios epígrafes de IAE e que algún deles foi pechado en virtude do RD 463/2020, de 14 de marzo, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo, pero que mantivo a actividade noutro/s, entenderase como establecemento afectado por un peche parcial polo que só poderá ser beneficiario da Axuda Tipo II.
3.- Que o local do desenvolvemento da actividade se atope no término municipal de Xove.
4.- Que, tendo domicilio fiscal no término municipal de Xove, non dispoña de local en ningún lugar distinto do Concello de Xove.
5.- Que a actividade afectada polo peche do establecemento decretado polo estado de alarma non se tivese visto compensada por un incremento da facturación mediante un incremento do volumen de negocio online ou telefónico da persoa solicitante.
6.- Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da L
38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e, en particular estar ao corrente no cumprimento das suas obrigas tributarias coa Facenda Estatal, Autonómica e co Concello de Xove así como coa Seguridade Social, requisito que debe cumprirse na data de presentación da solicitude así como na data de pago. Quedarán excluidos da posibilidade de obter axuda todos aqueles solicitantes que tivesen débedas con calquera destes organismos.
7.- Que teña xustificada calquera subvención que lle tivese sido concedida con anterioridade polo Concello de Xove, sempre que tivese finalizado o correspondente prazo de xustificación.
8.- Quedan excluídas as persoas físicas ou xurídicas que:
O 14 de marzo, no caso de persoas físicas fosen perceptoras da prestación por desemprego ou da correspondente á protección por peche de actividade, regulada nos artigos 327 e seguintes do RDL 8/2015, de 30 de outubro ou, no caso de persoas xurídicas, tivesen cesado na actividade.
Que, sendo persoa física, se atope en situación de incapacidade laboral baixa laboral a data de 14 de marzo, ou ben, as persoas xurídicas, somentes con respecto daqueles traballadores que a data 14 de marzo se atopen en situación de incapacidade laboral baixa laboral.
Sexto. Prazo de presentación das solicitudes Data límite de presentación de solicitudes:
O prazo establecido para a presentación de solicitudes será de 60 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Anuncio publicado en: Num BOP 151 año 2020 03/07/2020
02/07/2020 08:00:00
13:50:25

2.- Que a actividade que desenvolvan fose afectada polo peche de establecementos disposto no RD 463/2020, de 14 de marzo, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo ou, de non cumprirse este requisito, vise reducida a súa facturación no trimeste natural de abril-xuño de 2020 en alomenos un 40% respecto do promedio facturado no semestre natural outubro 2019-marzo 2020. Cando o solicitante non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o periodo de actividade.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/07/2020

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions