Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 144 xoves, 25 de xuño de 2020

BOP Lugo
2.- TEMPO E DURACIÓN DO CONTRATO.
A modalidade de contratación será a de contrato de traballo de duración determinada a xornada completa.
A duración do contrato será de 3 meses.
As persoas que resulten seleccionadas estarán sometidas ó réxime de incompatibilidades que determina a lexislación do empregado público de Galicia.
3.- REQUISITOS E CONDICIÓNS ESIXIDOS ÓS/ÁS CANDIDATOS/AS.
3.1: Requisitos xerais:
a Idade: Ter cumplidos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
b Titulación: Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria, graduado escolar ou certificado de escolaridade.
c Nacionalidade: Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas de nacionalidade española ou dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e os nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es, sempre que non estean separadas de dereito, así como ás/aos descendentes de ámbolos cónxuxes, de menos de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas.

e Habilitación: Non estar separado/a do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non tiveran a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
f Incompatibilidade: Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
g Coñecemento da lingua galega: De acordo ao establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008:
Para darlle cumprimento á normalización do idioma galego na Administración Pública de Galicia e para garantir o dereito das administradas e dos administrados ao uso do galego nas relacións coa Administración pública no ámbito da Comunidade Autónoma,e a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, que determina o artigo 6º.3 da Lei de Normalización Lingística, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais de Galicia incluírase un exame de galego, salvo para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente.
Polo tanto, quen non acredite o coñecemento do galego mediante a aportación do CELGA, deberá superar unha proba tipo test sobre o coñecemento do idioma galego.
3.2: Requisitos específicos:
Peón conductor Estar en posesión de permiso de conducir B.
Unha das prazas de peón de brigada de incendios forestais será desempeñada polo candidato que, superado o proceso selectivo, acredite estar en posesión do permiso de conducir tipo B. De seren varios os candidatos nos que se dén estas circunstancias, será seleccionado para o posto de peón conductor o que teña máis puntuación no mesmo.
As persoas seleccionadas para as catro prazas de peón de brigada deberán realizar un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas de duración, que será impartido por persoal competente na materia. Este curso será obrigatorio aínda que os compoñentes da brigada xa o recibisen en anos anteriores.
4.- FUNCIÓNS.
As funcións e tarefas a realizar serán as seguintes:
-As propias da brigada de prevención e defensa contra incendios, conforme aos programas de traballos que aprobe a comisión de seguimento do convenio.

Anuncio publicado en: Num BOP 144 año 2020 25/06/2020
23/06/2020 08:00:00
14:26:28

d Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/06/2020

Page count32

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions