Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 127 xoves, 4 de xuño de 2020

BOP Lugo
5.Deseño, seguimento, coordinación, interpretación e diagnose da avaliación das accións, do proceso e do seu impacto.
6.Elaboración de normativas sociais no ámbito competente.
7.Establecemento, deseño, seguimento e coordinación de colaboracíones.
2. Cometidos complementarios:
Calquera outros que, en relación cos anteriores e, encadrado nas funcións xerais,sexanlle encomendados pola Concellería-delegada correspondente e ou Alcaldía.
Xestor de programas e proxectos A modalidade do contrato é a regulada polo artigo 15.1,c do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro. O carácter do contrato é temporal, e en réxime de dedicación a tempo completo de 37,30 horas semanais, fixando como días de descanso o Sabado e domingo. O horario de traballo será de 08:00 a 15:30, con horario flexible.
Fíxase una retribución bruta de 1825,72 €/mes non inclúe o prorrateo das pagas extraordinarias.
3.- A pertenza á bolsa non supoñerá existencia de relación xurídica algunha entre o/a aspirante e o Concello de Bóveda ata que non sexa chamado para ocupar un posto de traballo e formalícese a relación contractual de duración determinada.
4.- A bolsa de traballo terá unha duración de CATRO anos desde a data de publicación da lista definitiva de integrantes da bolsa.
2º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

3º.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Para participar no proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a Ter nacionalidade española, ou a dalgún dos estados membros da Unión Europea. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
O acceso ao emprego público estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación dos traballadores.
b Ter a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
a Ser español ou presenta-la condición de nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b Ser maior de dezaseis anos, e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa..
c Estar en posesión do Título de Diplomado en Traballo Social ou Asistente Social.
As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación do título.
d Non padecer enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica, que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
e Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
f Non atoparse incurso en causa algunha de incapacidade establecidos na Lexislación vixente.
g Contar con certificado electrónico de persoa física en vigor.
Tódolos requisitos anteriores deberanse reunir o día que finalice o prazo de presentación de instancias e durante o proceso de selección ata o momento do nomeamento.

Anuncio publicado en: Num BOP 127 año 2020 04/06/2020
03/06/2020 08:00:00
13:54:02

O procedemento de selección é o de concurso de méritos, que consiste en valorar, de acordo co baremo incluído na convocatoria, determinadas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia, etc. relacionados coas características da praza que se cobre.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/06/2020

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions