Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 070 xoves, 26 de marzo de 2020

BOP Lugo
3.- Transcorrido o prazo de subsanación, as reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas mediante Resolución pública de Alcaldía, no taboleiro de anuncios, aprobando a lista definitiva de admitidos e excluídos.
4.- Porén, se en calquera momento posterior á aprobación da lista definitiva, se advertise nas solicitudes inexactitude ou falsidade que fora causa de exclusión, esta considerarase defecto insubsanable e a alcaldía resolverá a dita exclusión.
SÉTIMA.TRIBUNAL CUALIFICADOR
Os membros do Tribunal Cualificador e suplentes serán designados polo Sr. Alcalde Presidente mediante resolución.
O tribunal estará integrado polos seguintes membros, e atenderase á paridade entre home e muller:
Presidente: Un empregado público. Con voz e voto.
Secretario: O da Corporación ou empregado público en quen delegue. Con voz e sen voto.
Vogais: tres empregados públicos. Con voz e voto.
O Tribunal Cualificador deberá constituírse na data que designe o Sr. Alcalde, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros titulares ou suplentes e sempre coa presenza do Presidente e o Secretario.
Os membros do Tribunal, posuirán titulación ou especialización de grao igual ou superior ao esixido para acceder ao emprego.
Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento do proceso.

Cada tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, limitándose os asesores a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle á Alcaldía cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso nos cinco anos inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria, consonte o disposto no artigo 13.2º do Real Decreto 634/1995, de 10 de marzo, do regulamente xeral de ingreso.
Así mesmo, os interesados poderán recusar ós membros do tribunal cando, ó seu xuízo, concorra neles algunha das circunstancias previstas no parágrafo anterior, conforme ó artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
OITAVA.SISTEMA DE SELECCION E CUALIFICACION
O sistema de selección será de CONCURSO-OPOSICIÓN
A puntuación máxima que se pode acadar neste proceso de selección é de 20 puntos.
FASE DE CONCURSO
Valoración de Méritos A tal efecto o Tribunal constituirase para examinar e valorar a documentación presentada polos aspirantes e cualificar os méritos alegados, de acordo co baremo contido nestas bases, na Casa do Concello.
A puntuación máxima para a fase de valoración de méritos é de 8 puntos.
A cualificación dos méritos realizarase de acordo co baremo seguinte:
1.1.-EXPERIENCIA PROFESIONAL: Por servizos efectivamente prestados en empregos de similares características, ata un máximo de 4 puntos:
a Por servizos prestados en calquera administración pública: 0,45 puntos/mes.
b Por servizos prestados en empresas privadas: 0,22 puntos/mes.
Non se computarán fraccións inferiores a meses completos.
A xustificación deste apartado farase:
- no caso de traballador por conta allea: coa presentación de copia cotexada de contratos de traballo e do Informe de Vida Laboral, proporcionado pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, así como por calquera outro medio que permita ter constancia fidedigna da dita experiencia profesional na categoría profesional esixida nas presentes bases. Estes documentos poderán ser substituídos por un Certificado de Servizos, no caso de
Anuncio publicado en: Num BOP 70 año 2020 26/03/2020
20/03/2020 08:00:00
12:31:52

Os acordos serán adoptados pola maioría simple dos asistentes con voz e voto, dirimindo os empates o voto de calidade do presidente.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/03/2020

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions