Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/02/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 034 martes, 11 de febreiro de 2020

BOP Lugo
aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 20 de xaneiro de 2020.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.
R. 0274

CONCELLOS
CASTRO DE REI
Aprobada inicialmente polo Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria celebrada o dia 17 de xaneiro de 2020, a PROPOSICIÓN DA ALCALDÍA RELATIVA Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO DE
VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO CONCELLO DE CASTRO DE REI.
En cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local, e no artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de Réxime Local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días hábiles, a contar dende o día seguinte á inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante o que os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas. De non presentarse reclamacións durante o referido prazo, o acordo elevarase a definitivo.
Castro de Rei, 24 de xaneiro de 2020.-O Alcalde, Francisco Javier Balado Teijeiro.
R. 0275

A PONTENOVA
Anuncio LISTAXE DE CONTRIBUÍNTES POR APLICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL DA ENTRADA DE VEHÍCULOS A
TRAVÉS DAS BEIRRARÚAS E AS RESERVAS DE VÍA PÚBICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE
VEHICULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUEIRA CLASE. EXERCICIO 2019.
Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 02/01/2020, resólvese prestar aprobación das devanditas listaxes que estarán expostas nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas; durante o prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose definitivamente aprobada se transcorrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra esta.
Contra as liquidacións comprendidas nas listaxes de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior o contencioso - administrativo, perante a alcaldía no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública das listaxes.
Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle:
A Prazo de ingreso en período voluntario do prezo público das taxas por pasaxes permanentes, padrón ano 2019, dende o 10/02/2020 ao 10/04/2020, ámbolos dous inclusive.
B Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-41-3110000025
que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha vez rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento.

Anuncio publicado en: Num BOP 34
36 año 2020 11/02/2020
10/02/2020 08:00:00
11:53:31

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/02/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/02/2020

Page count4

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions