Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 016 martes, 21 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
En esta plantilla/cuadro de personal no se contemplan otras posibles contrataciones temporales que este Ayuntamiento pueda realizar al amparo de alguna subvención del Estado, Xunta de Galicia, Diputación u otro organismo público, o bien por necesidades perentorias del servicio de que se trate.
Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 17 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, públicase o contido da base 25 e 26 das de Execución do Orzamento para o ano 2020.
BASE 25. BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS POLO CONCELLO DE BECERREÁ.
a Os obxectivos e efectos que o Concello de Becerreá pretende conquerir coa aplicación destas subvencións previstas no orzamento, son as de fomento do asociacionismo e realización de actividades populares, culturais, de fomento de actividades deportivas ou de interese deportivo, de fomento de estilos de vida saudables, desenvolvemento local, turismo, festexos, educación, xuventude, medio ambiente, participación veciñal, cooperación, consumo, servizos sociais, etc, polos veciños do Concello de Becerreá, así como outras actividades que sexan complementarias da actividade municipal e susceptibles de subvencionarse por dirixirse a un colectivo de poboación determinado así como aquelas actividades de utilidade pública, interese social ou de promoción dunha finalidade pública que así sexan consideradas polo Concello de Becerreá, todo elo como medio para fixar a poboación asegurando un nivel óptimo de calidade de vida nun sentido amplo.
b Terán a condición de beneficiarios de subvencións do Concello de Becerreá, as persoas que teñan que realizar a actividade que fundamentou o seu outorgamento ou que se atopen na situación que lexitima a súa concesión, podendo tratarse de persoas físicas ou xurídicas. Así mesmo poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas o xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

c O procedemento ordinario de concesión de subvencións se tramitará en réxime de concurrencia competitiva.
Poderán concederse de forma directa as seguintes subvencións:
a As previstas nominativamente nos Orzamentos, nos términos recollidos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións.
b Aquellas cuxo outorgamento ou cuantía veña imposta á Administración por unha norma de rango legal que seguirán o procedemento de concesión que lles resulte de aplicación dacordo coa súa propia normativa d Con carácter excepcional aquelas outras subvencións en que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.
e O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal cuantía que, illadamente ou en concurrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custe da actividade subvencionada.
f O órgano competente para o outorgamento das subvencións será a Xunta de Goberno Local.
g Para a xustificación da subvención outorgada, se empregarán os modelos de xustificantes facilitados pola Administración Municipal.
h As subvencións deberán de xustificarse no prazo de 3 meses dende a realización da actividade subvencionada e en calquera caso antes do 1 de decembro do exercicio correspondente agás causa debidamente xustificada.
i A solicitude do beneficiario se poderán efectuar pagos anticipados das subvencións outorgadas por un importe non supoerior á metade do seu importe e sempre que este sexa igual ou superior a 3.500 euros.
Para o seu libramento será preciso aportar certificacións de que o beneficiario se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social así como declaración responsable e asunción de compromiso de xustificación do importe total da axuda en prazo determinado so pena de inicio de procedemento de reintegro.
j As subvencións outorgadas polo Concello de Becerreá, será compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administracións ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
k De conformidade co establecido no artigo 31.2 en relación co artigo 31.8 da Lei Xeral de Subvencións, non será necesario acreditar o pago dos gastos subvencionables.
l Os gastos xustificaranse con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, en orixinal. Estes orixinais presentados se marcarán cunha estampilla nos termos da lexislación vixente.
m No non previsto nas presentes bases será de aplicación o disposto na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións LXS, Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei
Anuncio publicado en: Num BOP 16 año 2020 21/01/2020
20/01/2020 08:00:00
13:41:04

As solicitudes deberán presentarse no prazo que se indique na convocatoria da subvención ou durante todo o exercicio correspondente, sen prexuizo dos prazos de xustificación, se se trata de subvencións nominativas ou excepcionais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/01/2020

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions