Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 013 venres, 17 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
1.- As sesións plenarias requirirán a súa previa convocatoria pola presidencia que, acompañada da orde do día dos asuntos a tratar, se lle notificará ós membros da corporación.
2.- Tanto as sesións ordinarias como as extraordinarias que non sexan de carácter urxente, terán que convocarse, polo menos, con dous días hábiles de antelación.
A estes efectos, con base no establecido no art. 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as convocatorias das sesións ordinarias e extraordinarias, que non teñan o carácter de urxentes, faránse por medio da sé electrónica do Concello.
De dita convocatoria remitirase unha notificación a cada un dos concelleiros/as e aos grupos políticos existentes na Corporación, a unha conta de correo electrónico, que lles será asignada pola unidade de informática do Concello.
A convocatoria de sesións extraordinarias de carácter urxente poderá realizarse por calquera medio que garanta a recepción da mesma polos concelleiros, incluso telefonicamente ou por medios telemáticos correo electrónico, tentando previamente de consensuar o horario de celebración cos portavoces municipais ó inicio do mandato.
Igual réxime de notificación utilizaráse para as convocatorias dos restantes órganos colexiados, asi como para o resto das relacións do Concello cos concelleiros/as e cos Grupos Políticos.
2.- Tanto as sesións ordinarias como as extraordinarias que non sexan de carácter urxente, terán que convocarse, polo menos, con dous días hábiles de antelación. A convocatoria de sesións extraordinarias de carácter urxente poderá realizarse por calquera medio que garanta a recepción da mesma polos concelleiros, incluso telefonicamente ou por medios telemáticos correo electrónico, tentando previamente de consensuar o horario de celebración cos portavoces municipais ó inicio do mandato.
3.- A convocatoria conterá a data, hora e lugar de celebración, así como a correspondente orde do día.

5.- A convocatoria será remitida ós/ás concelleiros/concelleiras nos seus domicilios polos medios citados no punto 2 deste artigo de xeito que quede acreditada a recepción da convocatoria coa pertinente antelación, dita notificación será válida a todos os efectos.
ARTIGO 8: ORDE DO DÍA DAS SESIÓNS
1.- A orde do día das sesións será fixada pola alcaldía, asistida da secretaría. Así mesmo, poderá solicitar a asistencia dos membros da Xunta do goberno local e consultar, se o estima oportuno, á xunta de portavoces.
2.- Na orde do día incluiranse os asuntos ditaminados ou informados nas comisións informativas que correspondan.
3.- A alcaldía ou presidente/presidenta por razóns de urxencia debidamente motivada, poderá incluír na orde do día, a iniciativa propia ou a proposta dalgún dos portavoces, asuntos que non foran previamente informados pola respectiva comisión informativa, pero neste suposto non poderá adoptarse ningún acordo sobre estes asuntos se que o pleno ratifique a súa inclusión na orde do día.
4.- Antes do punto correspondente a rogos e preguntas, procederá ó tratamento das mocións de urxencia.
5.- Toda a documentación dos asuntos incluídos na orde do día que debe servir de base ó debate e, no seu caso, á votación figurará a disposición de todos os concelleiros/concelleiras dende o mesmo día da convocatoria na secretaría da corporación. Calquera concelleiro/concelleira poderá, en consecuencia, examinala pero os orixinais non poderán saír do lugar en que se atopen postos de manifesto.
6.- A presidencia poderá non incluír na orde do día do pleno, aquelas propostas en cuxa redacción se conteñan expresións que sexan insultantes para as persoas ou as institucións e contrarias á obriga de gardar cortesía no desempeño do cargo, sempre e cando os propoñentes se negaran a modificar as devanditas propostas.
7.- Salvo caso de recoñecida urxencia sobrevida que deberá ser motivada e ratificada por maioría absoluta, nas sesións ordinarias non se tratarán máis asuntos que os contidos na orde do día.
ARTIGO 9: APERTURA DA SESIÓN
1.- Comprobada a existencia de quórum polo/a secretario/secretaria poderase iniciar a sesión.
2.- Iniciada a sesión, cando así figure na orde do día, a presidencia someterá á consideración do pleno a acta ou actas das sesións anteriores. Se ningún membro da corporación realiza obxeccións, entenderanse aprobadas por unanimidade. Se se producisen observacións, acordaranse as rectificacións que procedesen que, en ningún caso, implicarán modificacións do fondo dos acordos adoptados limitándose á corrección de erros de redacción e materiais dos acordos ou das intervencións consignadas.
ARTIGO 10: NORMAS XERAIS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN
1.- Corresponderalle á presidencia a dirección da sesión, das distintas intervencións e control da orde dos debates.
Asegurar a boa marcha da sesión e acordar, no seu caso, as interrupcións que estime convenientes; dirixirá os
Anuncio publicado en: Num BOP 13 año 2020 17/01/2020
16/01/2020 08:00:00
13:15:12

4.- A documentación integra dos asuntos incluídos na orde do día deberá estar a disposición dos/as concelleiros/concelleiras dende o día da convocatoria na secretaría xeral do concello.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/01/2020

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions