Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 011 mércores, 15 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
Artigo 8.- Réxime de declaración e ingreso.
Unha vez autorizada a conexión a rede municipal de subministración de auga ou o cambio de titularidade, o suxeito pasivo deberá practica-la declaración-liquidación auto liquidación conforme o sinalado na presente ordenanza. A taxa por subministración liquidarase trimestralmente mediante o correspondente padrón de auga aprobado polo órgano competente.
O cobro por subministro de auga realizarase mediante domiciliación bancaria, que é obrigatoria para tódolos abonados ó servizo. Debendo en todo caso facer efectiva a súa débeda dentro do prazo comprendido desde o día en que se inicie a xestión do cobro a través da entidade bancaria colaboradora ata o último día do mes seguinte.
As cotas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrinximento e na forma determinada nesta ordenanza.
Artigo 9.- Notificacións das taxas.
A taxa de períodos sucesivos notificarase colectivamente, mediante a exposición pública do padrón no taboleiro de anuncios do Concello, polo período que se publicará no Boletín Oficial da Provincia.
Xestión de cobros ós aboados morosos: 4,38 euros/unidade, en concepto de gastos ocasionados pola comunicación certificada dos recibos pendentes de pago.
Tódalas contías tributarias veranse gravadas polo I.V.E. correspondente.
Palas de Rei, 9 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, Pablo José Taboada Camoira.
R. 0050

Polo Pleno da Corporación Municipal do Concello de Palas de Rei, en sesión celebrada en data 27 de decembro de 2019, aprobouse a Modificación da Ordenanza Fiscal n.º 15 reguladora da taxa pola prestación do servizo de rede de sumidoiros e dpuración de augas residuais, a mesma expose ao público na secretaria deste Concello por termo de trinta días, contados a partir da súa publicación no Boletín oficial da Provincia.
ORDENANZA FISCAL Nº 17 REGULADORA DE LA TAXA PO LA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE REDE DE
SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS
ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e l44 da Constitución Española e polo art. 106 da Lei 7/l985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/l988, Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Palas de Rei establece a Taxa pola prestación do servizo municipal de rede de sumidoiros e depuración de augas residuais, a que se refire o artigo 20.4 s da Lei 39/88, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, normas que atenden ó prevido no art. 58 da citada Lei Reguladora das Facendas Locais.
ARTIGO 2.- Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible da taxa:
a.- A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede municipal de sumidoiros.
b.- A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede municipal de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas se os vertidos se realizan a través da acometida á rede desde un inmoble.
c.- A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede municipal de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas se os vertidos se realizan a través da acometida á rede desde un depósito móbil.
2.- Non estarán suxeitas ás taxas as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
ARTIGO 3.- Suxeito pasivo 1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o art. 33 da Lei Xeral Tributaria nos casos seguintes:
a.- Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, o promotor, usufrutuario ou titular do dominio útil da finca.

Anuncio publicado en: Num BOP 11 año 2020 15/01/2020
14/01/2020 08:00:00
11:39:08

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/01/2020

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions