Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 010 martes, 14 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
a Emanar os criterios xerais de interpretación xurídica do ordenamento, co fin de homoxeneizar a actuación dos órganos da Administración provincial.
b Impartir aos/ás letrado/as as ordes e instrucións convenientes ao servizo e ao exercicio das súas funcións, 3. Sen prexuízo das funcións que como Letrado/a poida desempeñar, corresponden á Dirección da Asesoría Xurídica as seguintes:
a O asesoramento facultativo verbal ou por escrito á Presidencia, Xunta de Goberno e órganos superiores ou directivos da Deputación.
b A organización e responsabilidade última sobre o bo funcionamento da Asesoría, establecendo en cada momento os criterios necesarios a tal fin.
c Distribuír os asuntos entre os/as Letrados/as da Asesoría Xurídica da Deputación, conforme ao seu mellor criterio, procurando un reparto equilibrado en canto ao número daqueles, reservándose a posibilidade de efectuar cantas modificacións esixan as circunstancias e os asuntos en tramitación.
d Informar e propor a conveniencia de promover, no seu caso, cantos recursos tendan a manter a autonomía e competencias provinciais.
4. Cando a asistencia xurídica ás entidades públicas e fundacións a que se refire o artigo 1 deste Regulamento non se preste polo persoal letrado da Deputación de Lugo, os servizos xurídicos destas entidades deberán respectar as directrices e criterios de interpretación emanados da Dirección da Asesoría Xurídica.
Artigo 7.- Contratos de asesoramento externo.
1. Con carácter previo á preparación de contratos que teñan por obxecto o asesoramento xurídico externo, o órgano propoñente o comunicará á Dirección da Asesoría Xurídica, que poderá emitir informe no prazo de cinco días hábiles. Nos casos en que por razón da contía ou de outras circunstancias non sexa necesaria a tramitación dun expediente nin a formalización do contrato, a comunicación á dirección deberá formularse coa antelación necesaria para que poida evacuar o referido informe, antes de que se resolva a adxudicación do contrato.
2. A estes efectos entenderase por asesoramento xurídico externo os servizos de tal carácter prestados por empresas consultoras ou avogados/as en exercicio, á Deputación Provincial, os seus organismos autónomos ou entidades de dereito público dependentes daquela.
Artigo 8.- Principio de colaboración.
1. Os órganos e departamentos da Deputación Provincial así como dos Concellos que soliciten a asistencia xurídica, prestarán a colaboración requirida pola Asesoría Xurídica para o mellor asesoramento e defensa dos intereses da Administración.
2. A falta de resposta ou a tardanza inxustificada en facilitar a devandita colaboración que impida ou dificulte o asesoramento ou a adecuada defensa da Administración en xuízo poderá ser posta en coñecemento do órgano competente da área da deputación ou concello afectado pola Dirección da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo, aos efectos que procedan, entre os que estará o da non prestación da asistencia solicitada.
TÍTULO II
-Da Asesoría Xurídica.Artigo 9.- Informes.1. Os informes da Asesoría Xurídica terán carácter facultativo e non vinculante.
2. Os informes, que serán escritos, fundamentaranse en dereito e versarán sobre os extremos consultados, sen prexuízo de que poidan examinarse outras cuestións derivadas do contido da consulta ou da documentación que se acompañe á solicitude.
3. Os informes emitidos pola Asesoría Xurídica deberán ser asinados, en todo caso, polo letrado/a que o realice e contar co visto e prace da Dirección da Asesoría.
Artigo 10.- Prazo.
Os informes deberán ser evacuados no prazo de 10 días dende a recepción da solicitude, salvo que unha disposición legal ou regulamentaria ou o resto dos prazos do procedemento ou a complexidade da consulta permitan ou esixan outro prazo maior ou menor. O prazo interromperase cando, por parte da dirección da Asesoría Xurídica se requira que se complete a documentación remitida, iniciándose unha vez recibida aquela.
Artigo 11.- Discrepancias.
1. Cando a persoa letrada competente para a realización dun informe entenda que a emisión do mesmo pode comprometer a súa independencia, por ter intervención previa na decisión sometida á súa consideración, o poñerá de manifesto á Dirección da Asesoría Xurídica para que se encomende, se procede, a outro/a letrado/a.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/01/2020

Page count32

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions