Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 280 sábado, 7 de decembro de 2019

BOP Lugo
punto da orde do día, logo da aprobación da acta, se a houber. O Grupo mixto poderá establecer unha quenda rotativa para o desempeño da función de Portavoz.
8.- Na medida das posibilidades funcionais da organización administrativa do Concello, poñerase a disposición dos grupos políticos municipais unha infraestrutura mínima de medios, na Casa do Concello ou nun inmoble próximo pertencente ao Concello. Esta infraestrutura poderá ser común para todos os grupos políticos.
Previa solicitude á Alcaldía, os grupos políticos municipais terán dereito ao uso dos locais municipais destinados a xuntanzas, sempre que estean dispoñibles. Os mesmos dereitos asisten ao Grupo mixto, independentemente de cantos concelleiros e concelleiras o conformen, debendo os seus membros compartir os medios á súa disposición.
TÍTULO II: COMPETENCIAS
Capítulo I. Competencias dos órganos básicos.
Artigo 9.- Das competencias do Pleno.
O Pleno do Concello exerce as atribucións e competencias que lle confire a vixente lexislación en materia de réxime local e demais normas pertinentes, así como cantas outras lle atribúan as disposicións xerais ou sectoriais.
Artigo 10.- Das competencias da Alcaldía.
1.- A alcaldía exerce as atribucións e competencias establecidas na lexislación vixente, no presente regulamento, así como cantas outras lle correspondan de acordo coa lexislación xeral e sectorial. Tamén asumirá todas as competencias que non estean expresamente atribuídas a outros órganos, podendo, nos casos legalmente establecidos, conferir delegacións xerais ou específicas na forma establecida na vixente lexislación.

2.- Corresponde así mesmo ao Alcalde ou Alcaldesa o nomeamento das persoas que integran a Xunta de Goberno Local e, entre eles, das Tenencias de Alcaldía, dando conta, en ambos os dous casos, ao Pleno.
3.- O Alcalde ou Alcaldesa dará conta á Corporación en cada sesión ordinaria do Pleno das resolucións que adoptara despois da última sesión plenaria ordinaria, para que os concelleiros e concelleiras coñezan o desenvolvemento das actuacións municipais, a efectos de control e fiscalización dos órganos de goberno, segundo o previsto no artigo 22.2 a da Lei 7/1985.
4.- No caso de ausencia, enfermidade ou impedimento, as funcións do Alcalde ou Alcaldesa non poderán ser asumidas polo Tenente de Alcalde a quen corresponda sen antes ter expresa delegación, segundo o previsto no artigo 47 do ROF. A delegación surtirá efectos desde a data que dispoña o propio decreto e darase conta aos membros da Corporación, a través da comunicación escrita ao portavoz de cada grupo político e, no seu caso, aos concelleiros e concelleiras non adscritos. Darase publicidade do decreto de delegación a través do taboleiro de anuncios.
5.- Malia o disposto no parágrafo anterior, cando o Alcalde ou Alcaldesa se ausente do termo municipal por máis de vinte e catro horas, sen ter confirmada a delegación, ou cando por causa imprevista lle fose imposible outorgala, substituiríao nas súas funcións o Tenente de Alcalde ou Alcaldesa a quen corresponda, dando conta ao resto da Corporación a través de comunicación escrita ás portavocías dos grupos políticos e aos concelleiros e concelleiras non adscritas. Darase publicidade da resolución a través do taboleiro de anuncios.
Artigo 11.- Das competencias da Xunta de Goberno Local.
1.- A Xunta de Goberno Local terá asignadas as seguintes atribucións:
a A asistencia permanente á Alcaldía no exercicio das súas atribucións b As atribucións que a Alcaldía, de forma expresa, lle delegue dentro do establecido pola lexislación vixente, sen prexuízo de que por razóns de urxencia ou por necesidade da xestión municipal, poidan ser exercidas polo Alcalde ou Alcaldesa, dando conta á Xunta de Goberno Local no menor tempo posible.
c As atribucións que o Pleno, de forma expresa, lle delegue dentro do establecido pola lexislación vixente.
d En caso de urxencia, a Xunta de Goberno Local poderá adoptar acordos sobre materias reservadas á competencia do Pleno e que non esixan maioría absoluta, dando conta ao propio Pleno na primeira sesión ordinaria que se celebre para a súa ratificación se procedese.
2.- Os acordos da Xunta de Goberno Local, dentro da esfera da súa competencia e atribucións, son executivos e teñen a mesma eficacia cós do Pleno.

Anuncio publicado en: Num BOP 280 año 2019 07/12/2019
05/12/2019 08:00:00
14:25:47

Corresponde ao Alcalde ou Alcaldesa a presidencia de todos os órganos municipais. Agás nos casos do Pleno e da Xunta de Goberno Local, poderá delegar a presidencia dos demais órganos municipais. Como Presidente ou Presidenta dos órganos colexiados, asegura o cumprimento das leis e a regularidade das deliberacións e votacións, podendo suspendelas por causa xustificada.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/12/2019

Page count21

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031