Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/10/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 249 mércores, 30 de outubro de 2019

BOP Lugo
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no vixente Regulamento Xeral de Recadación e, no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, o comprendido entre o quince de novembro de dous mil dezanove e o quince de xaneiro de dous mil vinte, ambos inclusive.
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, o día un de decembro de dous mil dezanove, data na que deberán ter saldo suficiente.
O resto dos contribuíntes deberán acudir ás Oficinas Municipais, donde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar dito pago.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.

No caso do canon da auga, según dispón o artigo 49.7 do Decreto 136/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento de dito canon, cando polos contribuíntes afectados non se fixera efectivo o canon da auga no período voluntario sinalado, esixirase directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, faise saber que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación mediante o padrón.
Friol, 23 de outubro de 2019.- O Alcalde, José Ángel Sánchez Santos.
R. 3205

Anuncio Formulada e rendida a Conta Xeral do Orzamento Municipal correspondente ao exercicio de 2018, cos Estados e Contas a que se refire o artigo 209 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e as Regras 45 e seguintes do Capítulo II da Orden HAP/1782/2013, de 20 de setembro, pola que se aproba a instrucción do modelo simplificado de contabilidade local, e informada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, con data de 24 de outubro do presente, exponse ao público cos documentos que a xustifican na Secretaría desta Entidade, por espacio de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción do presente Edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito as reclamacións, reparos e observacións que estimen pertinentes durante o prazo de exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/85, de 2 de abril; o 460.3, do Real Decreto Lei 781/86, de 18 de abril e 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Friol, 25 de outubro de 2018.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 3250

MONDOÑEDO
Anuncio A Xunta de Goberno Local deste Concello na sesión do 21 de Outubro aprobou o RECOLLIDA DO LIXO DO 5º BIMESTRE DO 2019.

Padrón
da TAXA POR

De conformidade co establecido na Lei Xeral Tributaria e nas Ordenanzas Municipais reguladoras, EXPONSE AO
PUBLICO o devandito padrón para que as persoas interesadas, no PRAZO DE QUINCE DIAS contados a partires do anuncio no B.O.P., poidan examinalo e formularen as reclamacións que estimen oportunas.
Asemade, faise saber que a taxa obxecto deste anuncio estará ó cobro en PERIODO VOLUNTARIO na oficina de Recadación Municipal, sita na Casa Consistorial, de luns a venres, dende o día 1 de Novembro ó 31 de Decembro, en días hábiles.

Anuncio publicado en: Num BOP 249 año 2019 30/10/2019
29/10/2019 08:00:00
13:39:58

Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/10/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/10/2019

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2019>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031