Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

13

Núm. 220 martes, 24 de setembro de 2019

BOP Lugo
Quedarán exentos de celebrar este exercicio aqueles aspirantes que aporten antes da súa celebración título oficial de coñecemento do galego, nivel de iniciación ou equivalente ou Celga 2, que se valorará con 1 punto.
B Fase de concurso: Cualificarase esta fase de acordo cos méritos aportados polos aspirantes e segundo se especifica no ANEXO II destas Bases e sen que a cualificación poida exceder de 4,00 puntos na súa totalidade.
Esta fase non ten caracter eliminatorio nin se terá en conta para superar as probas da fase de oposición.
Esta fase cualificaráse o mesmo día fixado para a oposición.
Cualificación final: A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso selectivo será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do Tribunal ou a determinada de común acordo polo conxunto dos seus membros.
A puntuación total do proceso selectivo será a suma das cualificacións das fases de oposición e concurso.
11.TRIBUNAL CUALIFICADOR.
Estará constituído polas seguintes persoas:
Presidente:
Titular e suplente correspondente. Un funcionario de categoría ou escala igual ou superior á praza que se convoca, designado pola Alcaldía-Presidencia.
Vogais: 3 funcionarios de categoría ou subescala igual ou superior ao posto que se convoca e os seus suplentes correspondentes.

O Tribunal queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten no non previsto nestas bases e para tomar os acordos necesarios para a boa orde das probas.
Aplicarase igualmente a lexislación básica do Estado sobre Función Pública e o R.D. 896/1991 polo que se establecen as reglas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de persoal funcionario de Administración Local. No non previsto nelas, a regulamentación para o ingreso na Función Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e supletoriamente, o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado.
12.- RELACIÓN DE APROBADOS.Unha vez rematada a cualificación das persoas aspirantes o Tribunal publicará por orde de puntuación a relación de aprobados e elevará dita relacion ao órgano competente do Concello aos efectos da tramitación do correspondente nomeamento.
O Tribunual cualificador non poderá propoñer o acceso á condición de empregado laboral interino a un número superior de aprobados ao de postos ou prazas convocadas, neste caso unha.
13.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.
A persoa proposta aportará, dentro do prazo dun mes contado a partir da publicación da lista de aprobados, os seguintes documentos:
1.- Fotocopia que deberá presentarse co orixinal para compulsar do seu Documento Nacional de Identidade ou documento que o substitúa.
2.- Copia autenticada ou fotocopia que deberá presentarse co seu orixinal para compulsar do título ou no seu caso, diploma en base ao cal se procedeu á súa admisión ou xustificante de ter cumpri-los requisitos para a expedición do mesmo.
3.- Certificado acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira. No supostos de persoas con discapacidade observarase tamén o que establece o apartado da Base duodécima.
4.-Certificado de antecedentes penais.
5.-Declaración complementaria de conduta cidadá.
6.- Declaración responsable de non ter sido separado do servizos do Estado, das Comunidades Autónomas ou das Entidades Locais mediante expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.
7.- Declaración responsable de non atoparse incurso en ningún dos supostos de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

Anuncio publicado en: Num BOP 220 año 2019 24/09/2019
23/09/2019 08:00:00
11:55:10

Secretario: O Secretario Xeral do Concello de Ribadeo e como suplente do mesmo un funcionario do Concello con categoría igual ou superior ao posto que se convoca. Actuará con voz e sen voto.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/09/2019

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930