Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 216 xoves, 19 de setembro de 2019

BOP Lugo
-Funcións xenéricas propias de terapeuta do centro de día de acordo coa normativa autonómica que regula os centros de atención a persoas maiores e o regulamento municipal que regula a organización e funcionamento do centro de día.
-Funciones propias do centro de día municipal, atendendo as necesidades específicas existentes en cada momento e ao persoal dispoñible.
-Colaboración e apoio ás actividades, programas e plans de actuación municipal no centro de día, de acordo coas instrucións da responsable do servizo e da concellería de benestar social.
-Avaliación individual das necesidades dos usuarios do centro con periodicidade semestral.
-Propostas de actuación en caso de detección de necesidades específicas polo deterioro funcional dalgún usuario no momento no que xorden.
-Programación e desenvolvemento das distintas actividades do centro de día municipal.
-Elaboración da memoria anual do servizo e propostas de mellora.
-Elaboración de talleres sobre xerontoloxía dirixidos ao público en xeral coa periodicidade que estableza a concellería de benestar social.
-Acompañamentos dos usuarios no transporte diario aos seus domicilios.
-Outras funcións específicas de acordo coas instrucións da responsable do servizo e da concellería de benestar social.
3.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para tomar parte no proceso selectivo será necesario cumprir os requisitos seguintes:

b Nacionalidade: Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebradas pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas de nacionalidade española ou dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e as nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separadas de dereito, así como ás/aos descendentes de ámbolos cónxuxes, de menos de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas.
c Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facendo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións.
d Habilitación: Non estar separado/a do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non tiveran a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
e Titulación: Titulación: Estar en posesión do título de Diplomado ou Grao en Terapia Ocupacional ou equivalentes, ou estar en condicións de obtelo antes que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
Tódolos requisitos relacionados con anterioridade posuiranse polo aspirante no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias, debendo de continuar en posesión dos mesmos ata o momento de formalización do contrato.
4.- INSTANCIAS.
4.1.- Os que desexen formar parte no concurso-oposición, deberán presentar solicitude no modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Guitiriz e na paxina web do Concello de Guitiriz www.concellodeguitiriz.com, dirixidas á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz Anexo I, ou por medio dos restantes medios admitidos legalmente.
4.2.- Para ser admitido ó concurso-oposición os aspirantes manifestarán na súa solicitude de participación, que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na Base 3, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias.
De acordo co disposto na ordenanza fiscal reguladora da taxa por tramitación de expedientes e expedición de documentos administrativos BOP de data 7/01/2008 os aspirantes deberán autoliquidar a correspondente taxa de dereitos de exame por importe de 20,50 euros. As persoas que figuren como demandantes de emprego
Anuncio publicado en: Num BOP 216 año 2019 19/09/2019
18/09/2019 08:00:00
11:37:56

a Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/09/2019

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930