Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 212 sábado, 14 de setembro de 2019

BOP Lugo
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
Requisito específico: A situación ou procedencia dos aspirantes debe provir de situación de desempregado/a ou mellora de emprego nos casos de que a xornada de traballo sexa igual ou inferior ao 50% da xornada requisito específico esixido polo programa de fomento do emprego da Deputación de Lugo que financia as contratacións.
Esta situación deberá acreditarse mediante declaración xurada do aspirante e aportando vida laboral actualizada á data de presentación de solicitudes. Dita situación deberá manterse ata o momento da sinatura do contrato laboral ou nomeamento interino.
Outros requisitos: Os aspirantes ao posto de conserxe-condutor deberán ter o carne de conducir tipo C.
Tódolos requisitos relacionados con anterioridade posuiranse polo aspirante no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias, debendo de continuar en posesión dos mesmos ata o momento de formalización do contrato.
4.- INSTANCIAS.
4.1.- Os que desexen formar parte no proceso selectivo, deberán presentar solicitude no modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Guitiriz e na paxina web do Concello de Guitiriz www.concellodeguitiriz.com, dirixidas á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz, ou por medio dos restantes medios admitidos legalmente. O Concello de Guitiriz reservase a posibilidade de facer oferta ó servizo público de emprego.
4.2.- Para ser admitido ao oposición os aspirantes manifestarán na súa solicitude de participación, que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na Base 3, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias.

4.3.- O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no BOP de Lugo.
4.4.- As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz rúa do Concello, nº4 de Guitiriz, ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo Común das Administracións Publicas. Deberá de adxuntarse a seguinte documentación:
- Fotocopia do D.N.I.
- Fotocopia da titulación esixida -Vida laboral actualizada para xustificar a situación de desempregado/a.
Se a solicitude se presentara por correo ou nun rexistro diferente ao do Concello de Guitiriz se deberá remitir ao enderezo electrónico info@concellodeguitiriz.com ou Fax do Concello 982372178 antes da data de expiración do prazo o documento xustificativo correspondente.
4.5.- Os erros materiais ou de feito e os aritméticos que se puidesen advertir, poderanse rectificar en calquera momento, de oficio ou petición do interesado.
5.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
5.1.- Rematado o prazo de presentación de instancias, a Sra. Alcaldesa ditará resolución declarando aprobada a lista provisional de admitidos, así como a de excluídos xuntamente coas causas que motivaron a exclusión. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos na base terceira.
Esta resolución publicarase no Taboleiro de Edictos, na páxina web do Concello de Guitiriz, e na sede electrónica do Concello de Guitiriz guitiriz.sedelectronica.gal.
5.2.- Perante o prazo de 5 días, de conformidade co previsto no art. 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo Común das Administracións Publicas, poderanse corrixir os defectos a que se alude no referido artigo, e formular as reclamacións ás listas provisionais. De non presenta-la solicitude de rectificación ou reclamación no indicado prazo, decaerá no seu dereito, sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes.
5.3.- Se non presentasen reclamacións á lista provisional considerarase definitiva.
5.4.- No suposto de existir reclamacións, estas serán aceptadas ou rexeitadas na mesma resolución da Sra.
Alcaldesa pola que se aprobe a lista definitiva dos admitidos e excluídos e a composición do Tribunal do proceso selectivo, que se fará pública na mesma forma exposta con anterioridade.
6.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.
6.1.- O Tribunal Cualificador, estará constituído da seguinte forma:
Para os postos laborais temporais:

Anuncio publicado en: Num BOP 212 año 2019 14/09/2019
13/09/2019 08:00:00
11:54:35

A autoridade convocante, por si ou a proposta do Tribunal, deberá dar conta ós órganos competentes das inexactitudes ou falsedades en que pudiesen incurre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/09/2019

Page count42

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930