Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/09/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

18

Núm. 208 martes, 10 de setembro de 2019

BOP Lugo
c Formación:
Por cursos relacionados coa actividade que se vai desenvolver, impartidos pola Administración ou homologados, ata un máximo de 2 puntos. Os cursos que, a xuízo do tribunal, non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcións propias da praza, non serán puntuados:
-

Menos de 15 horas: 0 puntos.
De 15 a 39 horas: 0,10 puntos.
De 40 a 79 horas: 0,20 puntos.
De 80 a 159 horas: 0,40 puntos.
Más de 160 horas: 0,75 puntos.

Os cursos que acrediten coñecemento do inglés serán tidos en conta.
d Inscrición como demandantes de emprego:
Pola inscrición como demandante de emprego nos últimos tres anos, cun máximo de 1,20 puntos: 0,10 puntos por cada mes completo. Os aspirantes deberán presentar unha certificación expedida polo INEM, acreditativa da citada inscrición e do tempo dela, non tendo validez, para estes efectos, ningunha outra documentación achegada non será admitida como acreditación, nin a tarxeta de demandante de emprego, nin a de renovación, nin o certificado de vida laboral, etc.. De non presentarse a citada certificación do INEM, a cualificación neste parágrafo será de 0 puntos.
A puntuación final do proceso selectivo será a resultante da suma das puntuacións obtidas nas probas teórica e práctica superadas coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso.
De producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte:
1 Puntuación pola orde dos parágrafos anteriores.

En todos os casos será requisito imprescindible a copia dos documentos que acrediten os méritos que alega o aspirante. Os aspirantes que resulten seleccionados deberán aportar a documentación orixinal para o seu cotexo, igualmente, dita documentación poderá ser requirida a tódolos demais aspirantes en calquera momento do proceso.
6.- TRIBUNAL CUALIFICADOR
O Tribunal cualificador estará constituído polos seguintes membros:
Presidenta: D. Margarita Soilán Carbia, xefa do servizo de audiovisuais da Excma. Deputación Provincial de Lugo, grao en comunicación audiovisual e multimedia.
Suplente: D. Ana Tabarés Martínez, Técnico de Administración Xeral do Excmo. Concello de Lugo.
Vogais:
Titular: D. Elena Rodríguez Rodríguez, redactora do servizo de audiovisuais da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Licenciada en comunicación audiovisual.
Suplente: D. Cruz Gutiérrez Garrido, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Excmo. Concello de Lugo.
Titular: D. Luisa Rodríguez García, coordinadora de redacción do servizo de audiovisuais da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Licenciada en Xornalismo.
Suplente: D. Isabel Villamor Cabado, Axente de desenvolvemento local do Excmo. Concello de Lugo.
Titular: D. Iago Viana González, docente do servizo de audiovisuais da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Licenciado en xornalismo.
Suplente: D. Ana Isabel Sáez Mancebo, Técnica de Administración Xeral do Excmo. Concello de Lugo.
Secretario:
Titular: D. Justo Díaz Rodríguez, Secretario Xeral do Pleno accidental do Excmo. Concello de Lugo.
Suplente: D. María García Ferro, Vicesecretaria do Excmo. Concello de Lugo.
7.- RECURSOS
Contra o presente acto que pon fin á vía administrativa, de conformidade co previsto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998 de 13 xullo, Reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado desta Orde de Lugo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da publicación.
Igualmente poderá interpoñerse, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes contado dende o día seguinte á publicación deste acordo.

Anuncio publicado en: Num BOP 208 año 2019 10/09/2019
09/09/2019 08:00:00
11:35:46

2 Solicitante de maior idade.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/09/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/09/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930