Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 199 venres, 30 de agosto de 2019

BOP Lugo
preceptivo ou facultativo no procedemento de que se trate, sempre que o interesado expresase o seu consentimento a que sexan consultados ou solicitados os devanditos documentos. Presumirase que a consulta ou obtención é autorizada polos interesados salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa ou a lei especial aplicable requira consentimento expreso.
SEGUNDA. DO FUNCIONAMENTO DA INTEROPERABILIDADE
A Resolución de 28 de xuño de 2012, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se aproba a Norma Técnica de Interoperabilidade de Protocolos de intermediación de datos; establece o modelo operativo da interoperabilidade a nivel nacional, así como os roles e actores que participan durante a realización dunha consulta interoperabilidade:
Cesionario: Organización autorizada a consultar determinados datos da cidadanía en poder dun Cedente Requirente: Facilita a consulta dos datos desde un punto de vista tecnolóxico. Nodo IOP: Xestiona e ordena a relación entre Cesionarios e Cedentes e as súas comunicacións. Asegura a integridade da información intercambiada e habilita a comunicación entre axentes a plataforma Pasaxe! actúa como Nodo.
Emisor: Facilita a cesión dos datos desde un punto de vista tecnolóxico Cedente: Organización que posúe datos relativos da cidadanía que outra poida necesitar.
O Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica recolle o glosario de termos e define o Nodo de interoperabilidade como o organismo que presta servizos de interconexión técnica, organizativa e xurídica entre sistemas de información para un conxunto de Administracións Públicas baixo as condicións que estas fixen.
A Xunta de Galicia deu o primeiro paso ao iniciar un proxecto para a construción dun nodo de interoperabilidade para a Administración pública galega, PasaXe!.

O acceso aos documentos debe ser pertinente e estar autorizado, é por iso que é fundamental a xestión das autorizacións correspondentes:
O organismo cedente dos documentos autoriza o consumo dun servizo, en base á pertinencia de petición dun documento nun procedemento administrativo.

O interesado pode denegar a consulta desa información. Os formularios deberán adecuarse para recoller a posibilidade de rexeitar o consentimento. Esta denegación do consentimento pódese facer en calquera fase do procedemento. Neste caso a cidadanía debe achegar a documentación.

Por medio deste procedemento o Organismo prevé o acceso aos servizos de interoperabilidade, xustificando a súa pertinencia e aprobando a autorización.
En base a todo o anteriormente exposto e conforme o principio de actuación da interoperabilidade dos medios electrónicos e sistemas e prestación conxunta de servizos aos cidadáns, proponse:
PRIMEIRO.- Aprobar o catálogo de procedementos e servizos que presta a Deputación de Lugo que se relacionan no anexo para os que non será necesario que os cidadáns aporten a documentación, que se comprobará no nodo de interoperabilidade Pasaxe! segundo a correspondencia indicada no ANEXO I. Para futuras incorporacións de procedementos e/ou servizos ao catálogo será necesaria a aprobación mediante resolución de presidencia.
Os catálogos serán publicados na sede electrónica da Deputación provincial onde estarán accesibles ao público de forma permanente.
SEGUNDO.- Adaptar os formularios dos distintos procedementos indicados para facer efectivo o dereito dos cidadáns de non achegar documentos que fosen elaborados por calquera Administración, con independencia de que a presentación dos citados documentos teña carácter preceptivo ou facultativo no procedemento de que se trate.
Polo anteriormente exposto e, en uso das facultades que lle confire a esta Presidencia o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:
Prestar aprobación á proposta anteriormente transcrita en todas as súas partes.
O PRESIDENTE, Argelio Fernández Queipo,P.D. Decreto de 13-02-2019, O VICEPRESIDENTE, A SECRETARIA,
Anuncio publicado en: Num BOP 199 año 2019 29/08/2019 11:11:19
30/08/2019 08:00:00

TERCEIRA. INTEGRACIÓN NO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/08/2019

Page count20

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions