Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

14

Núm. 196 martes, 27 de agosto de 2019

BOP de Lugo
2º.- Contía que se vai subvencionar.
O importe inicial destinado a estas axudas ascende inicialmente a 40.000 €.
A contía individual das axudas será de 100 €, consistente nun vale desconto para trocar nas librerías do Concello de Lugo. A convocatoria financiarase con cargo á partida 32600.48100 do vixente presuposto do Concello de Lugo.
3º.- Persoas beneficiarias.
As axudas poderán ser solicitadas polas familias do alumnado que reúna os seguintes requisitos:
3.1. Estar empadroado no municipio de Lugo. A Área de Educación solicitará de oficio a Estatística os xustificantes de convivencia das/os membros da unidade familiar dos solicitantes destas axudas.
3.2. A orde de preferencia para a adxudicación das axudas será:
Primeiro. Aquelas alumnas e aqueles alumnos cuia renda familiar anual non supere o 0,66 veces o IPREM, e establécese como único criterio de baremo a contía da renda de menor a maior.
Segundo. No caso de que o número de solicitudes non supere o número de bolsas ofertadas, seguiranse dando bolsas a aqueles beneficiarios e beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere o 0,80 veces o IPREM.
3.3. Ter presentada a solicitude de reserva de praza ou solicitude de admisión para un posto escolar no centro sostido con fondos públicos no Concello de Lugo.
3.4. Non gozar doutras axudas, bolsas ou subvencións de igual ou semellante finalidade outorgada por organismos ou institucións públicas ou privadas, sendo polo tanto estas axudas incompatibles con calquera outra axuda.

As solicitudes das persoas interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2005, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 15 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto destas no BDNS, que tamén se publicarán no Boletín Oficial da Provincia e se inserirán no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do Concello, acompañada dos documentos e informacións que procedan.
5º.- Procedemento.
O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 28, 29 e 30 da Ordenanza municipal de Subvencións .
6º.- Criterios de valoración.
O único criterio de valoración será a contía da renda neta anual familiar tomando como referencia o IPREM, ver punto 3.2.
7º.- Xustificación do gasto Unha vez ditada a resolución pola que se concede a axuda, procederase á entrega do vale para libros, durante 10 días hábiles, despois da presentación da certificación onde conste que o/a alumno/a está matriculado/a para o curso 2018/2019, coa indicación do curso e do centro docente.
As librerías onde se merquen os libros e material escolar presentarán no Rexistro Xeral do Concello escrito de presentación xunto a:
- Albarán do material mercado con cada vale, detallando o material ou libros mercados, con indicación do curso ao que fai referencia, así como o nome e os datos da persoa solicitante.
- Os vales de desconto emitidos pola Concellería de Educación, indicando o nome, apelidos, firma e DNI da persoa solicitante.
- Factura individualizada a nome de cada persoa beneficiaria. No caso que a persoa beneficiaria teña concedida mais dunha axuda poderase presentar factura única.
8º.- Revogación A adxudicación das axudas será revogada totalmente no caso de que se comprobase que na súa concesión concorreu ocultación ou falsidade de datos, ou que existen incompatibilidades con outros beneficios desta clase procedentes doutras persoas físicas ou xurídicas.
Lugo, 21 de agosto de 2019.-O Concelleiro Delegado da Concellería de Educación e difusión do coñecemento, FELIPE RIVAS JORGE.
R. 2589

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 196 año 2019 26/08/2019 12:03:07
27/08/2019 08:00:00

4º.- Forma e prazo de presentación de solicitudes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/08/2019

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions