Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 181 xoves, 8 de agosto de 2019

BOP Lugo
vixente a Lei 30/84, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública LMRFP; Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da Admón. Local; a Lei 2/2015, de 29 de abril, da Lei de Emprego Público de Galicia; e as Bases da Convocatoria.
1.2.- CONVOCATORIA.
Aprobadas as Bases Xerais e Específicas pola Xunta de Goberno desta Entidade, así como a convocatoria do correspondente proceso selectivo, ordenarase a súa publicación no BOP, enviando extracto da convocatoria ao Diario Oficial de Galicia DOG e ao Boletín Oficial do Estado BOE.
2.- OBXECTO.
As presentes Bases Xerais teñen por obxecto establecer o procedemento xeral polo que se rexerán os procesos selectivos para acceder ás distintas escalas, subescalas, clases e categorías de persoal funcionario deste Concello de Láncara, vacantes no Cadro de Persoal Funcionario, dotadas no orzamento e incluídas na correspondente Oferta de Emprego, para prover mediante acceso libre.
3.- SISTEMA DE SELECCIÓN.
O sistema de selección será o determinado nas bases específicas para cada praza.
4.- PRAZAS QUE SE CONVOCAN.
Nas Bases Específicas determinarase o de prazas convocadas así como si están reservadas á cota xeral ou a cota de persoas con discapacidade, con grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.
5.- INCOMPATIBILIDADES.
As persoas que obteñan as prazas ás que se refire a convocatoria, estarán sometidas ao réxime de incompatibilidades que determinan as disposicións vixentes Lei 53/84, de 26 de decembro de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas.

6.1.- Para poder participar nos procesos selectivos os aspirantes deberán reunir os seguintes:
6.1.1.- Requisitos xerais:
a Ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea ou dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
b Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que se aspira.
c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e Posuír a titulación académica esixida nas bases específicas para ingresar na praza á que se aspira.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
f No caso de que exista cota para persoas discapacitadas, ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.
Todos os requisitos esixidos neste apartado deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo de presentación de solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como funcionarios de carreira.
6.1.2.- Requisitos específicos:
a Cumprir, no momento da toma de posesión, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 181 año 2019 07/08/2019 13:15:37
08/08/2019 08:00:00

6.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/08/2019

Page count36

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions