Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 6 DE AGOSTO DE 2019

N.º 179

CONCELLOS
BEGONTE
Anuncio Formada e rendida pola Intervención a Conta Xeral desta Entidade Local, correspondente ao exercicio de 2.018, e informada pola Comisión Especial de Contas con data de 1 de agosto do actual, de conformidade e aos efectos previdos no art. 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, exponse ao público, xunto cos seus xustificantes, na Secretaría do Concello, polo prazo de quince días, a fin de que durante os mesmos e oito mais, poidan ser examinados e formularse, no seu caso, as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes.
Begonte, a 1 de Agosto de 2019.- O Alcalde-Presidente, José Ulla Rocha.
R. 2402

Información pública Habéndose aprobado por resolución da alcaldía de data 01 de agosto de dous mil dezanove os padrós que a continuación se relacionan, e expóñense o público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
- Taxa por abastecemento de auga e ive sobre o seu consumo, correspondente ó segundo trimestre do ano dous mil dezanove.
-

Taxa por recollida de lixo correspondente ó segundo trimestre do ano dous mil dezanove.

-

Taxa pola rede de sumidoiro correspondente ó segundo trimestre do ano dous mil dezanove.

-

Taxa canón de auga da Xunta de Galicia correspondente ó segundo trimestre do ano dous mil dezanove.

-

Taxa de autoconsumos de auga correspondente ó segundo trimestre do ano dous mil dezanove.

Recurso: Contra o acordo da aprobación do padrón poderá interpoñerse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día inmediato seguinte ó do término do período de exposición ó público do padrón.
Órgano ante o que se recorre: Sr. Alcalde-presidente do Concello de Begonte.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, contados a partir do período de exposición pública. Finalizado exercicio pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003
de 17 de decembro, Lei Xeral Tributaria, a través de Servicio Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
A falta de pagamento do canón da auga da Xunta de Galicia no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canón da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadmninistrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.

Anuncio publicado en: Num BOP 179 año 2019 05/08/2019 13:22:07
06/08/2019 08:00:00

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/08/2019

Page count10

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions